miniatura|230px|Concepción artística en catro estadios diferentes da terraformación de Marte. Terraformación é a denominación dada ó proceso, ata o de agora teórico, de modificar a atmosfera e temperatura dun corpo celeste sólido coma un planeta, un satélite etc, ata deixalo en condicións adecuadas para soster un ecosistema confortable para os seres vivos da Terra, malia que o proceso poida chegar a ser moi lento. A posibilidade de crear unha biosfera planetaria semellante á da Terra noutro planeta aínda precisa ser desenvolvida.

A maior parte do que se sabe sobre a modificación das condicións para a vida planetaria é baseado no que observamos no noso propio mundo. Consecuentemente Marte é o candidato máis probable para as primeiras experiencias en terraformación, por ser o planeta máis parecido e máis próximo á Terra.Lovelock, James E. (1998) Los Recursos Geológicos de Marte, El País. Consultado o 19 de abril de 2014. «Marte é tamén o único planeta terrestre do noso Sistema Solar, no que os seres humanos poderían vivir, traballar e desenvolver unha colonia autosuficiente, cun ciclo día/noite moi similar ao ritmo circadiano natural dos humanos. De feito, avaliouse científica e tecnoloxicamente a súa posible terraformación»; en castelán. A NASA estuda maneiras de quecer o planeta e de alterar a súa atmosfera coa tecnoloxía actualmente dispoñible. Outras cuestións a debater son de índole ética, loxística, económica, política e o procedemento para alterar o ambiente doutro planeta.

Primeiras aparicións do termo O termo terraformación foi empregado por primeira vez no ano 1942 nun relato chamado "Órbita de Colisión" ("Collision Orbit")Cita: "Science Fiction Citations: terraforming" , en inglés., de Jack WilliamsonHai quen considera que en "Seetee Ship" (1951), titulo asinado polo mesmo autor, é onde se produce a primeira aparición do termo, por exemplo para o Oxford English Dictionary, aclaración, en inglés. aínda que o concepto pódese dicir que é anterior, aparecendo varios exemplos na literatura.

Uso do termo no ámbito científico Ó longo do tempo o termo aparece en diversos libros e filmes de ficción científica, mais foi só a partir da década de 1980 que o termo pasou realmente a designar un ramo de estudo da enxeñaría planetaria. miniatura|150px|dereita|Carl Sagan.

Carl Sagan, astrónomo e divulgador científico, suxería aplicar a enxeñaría planetaria en Venus nun artigo publicado na revista Science en 1961 titulado "O Planeta Venus" ("The Planet Venus")Sagan, Carl (1961) "The Planet Venus", en inglés.. Consistía en diseminar na atmosfera de Venus algas que asimilasen o dióxido de carbono e reducisen o efecto invernadoiro ata obter temperaturas confortables. Posteriores descubrimentos sobre as condicións de Venus descartarían esta propostaEl País "Marte, el planeta rojo teñido de azul", en castelán..

Sagan tamén albiscou un Marte habitable para a vida humana nun artigo publicado na revista Icarus en 1973 titulado "Enxeñaría Planetaria en Marte" ("Planetary Engineering on Mars")Sagan, Carl (decembro, 1973) "Planetary Engineering on Mars", Entre 109 e 1010 toneladas métricas de material baixo en albedo, transportadas durante un período dun século ás capas permanentemente xeadas de Marte poderían ser capaces de transformar rapidamente as condicións do planeta cara a unhas moito máis semellantes ás da Terra. Alternativamente a introdución en Marte de plantas de cor escura que medrasen nas neves polares podería acadar o mesmo obxectivo. Resumo divulgativo.. Tres anos despois a NASA oficialmente asumiu o asunto da enxeñaría planetaria nun estudo, usando o termo "ecosíntese planetaria" ("planetary ecosynthesis")M.M. Averner; R.D. McElroy (1976).. O estudo concluía que non había limitación coñecida para alterar Marte, manter vida no planeta e facelo habitable. O mesmo ano, 1976, un dos investigadores, Joel Levine, organizou a primeira conferencia sobre terraformación que naquel momento foi denominada "modelación planetaria" ("planetary modeling"). miniatura|100px|esquerda|Insignia da NASA.

En marzo de 1979, o escritor e enxeñeiro da NASA James Oberg organizou o "Primeiro Coloquio sobre Terraformación", sesión especial celebrada durante a “Conferencia Científica Lunar e Planetaria” de Houston. Oberg popularizou o concepto de terraformación, que se discutira nese coloquio, no seu libro "Novos Mundos" ("New Earths") publicado en 1981Oberg, James Edward (1981) "New Earths", en inglés..

En 1982 a palabra terraformación usouse para o título dun artigo; "Terraformando Marte" ("Terraforming Mars") publicado na revista Journal of the British Interplanetary SocietyMcKay, Christopher P. (outubro 1982) "Terraforming Mars", en inglés. polo planetólogo Christopher McKay. O artigo argumentaba a posibilidade dunha biosfera marciana autorregulada. O uso da palabra foi dende entón o termo preferido.

En 1984, James Lovelock e Michael Allaby publicaron "Enverdecendo Marte" ("The Greening of Mars")Lovelock, James; Allaby, Michael (1984) "The Greening of Mars".. no que se describe un novo método de quecer Marte engadindo clorofluorocarbonos (CFCs) na súa atmosfera. Motivado polo libro de Lovelock o biofísico Robert Haynes, traballando na sombra promoveu os estudos sobre terraformación, e contribuíu coa palabra ecopoiese ó seu léxico.

Robert Zubrin, fundador da Mars Society expuxo en 1991 un plan relativamente barato para unha misión marciana chamada Mars Direct, que establecería a presenza humana permanente sobre Marte e encamiñaría os esforzos a unha eventual terraformaciónZubrin,Robert ; Wagner, Richard (1996) "The Case for Mars", en inglés..

Algunhas definicións O principal motivo para levar a cabo a terraformación é a creación dunha ecoloxía que manteña mundos adecuados para seren habitados por humanos.

Se a investigación en nanotecnoloxía e en química avanzada continúa e progresa coma ata o de agora pode ser factible terraformar planetas en séculos no canto de milenios. Por outra parte, pode ser razoable modificar os humanos (pantropía) xeneticamente para que sexan menos esixentes canto ás condicións ambientais, reducíndose o grao en que habería que terraformar novos mundos.

Non obstante, algúns investigadores cren que os hábitats espaciais serían unha forma máis económica de colonización espacial. Hábitat espacial (tamén denominado colonia orbital, colonia espacial, cidade ou asentamento espacial): é unha estación espacial construída como asentamento permanente en vez de só unha estación de tránsito ou calquera outra instalación especializada. Ecopoiese: palabra que provén do grego; οικος, casa, e ποιησις, produción. Ecopoiese refírese á orixe dun ecosistema. No contexto da exploración espacial, Haynes describe a ecopoiesis coma a "fabricación dun ecosistema sostible sobre un planeta actualmente sen vida, un planeta estéril". É un tipo de enxeñaría planetaria e unha das primeiras etapas de terraformación. Esta etapa primaria de creación dun ecosistema redúcese usualmente á diseminación inicial de vida microbianaFogg, Martyn J. (1995) "Terraforming: Engineering Planetary Environments". SAE International, Warrendale, PA., nun principio de tipo extremófilo.

Martyn J. Fogg en 1985 comeza a publicar algúns artigos relativos á terraformación. Tamén realiza tarefas como editor en asuntos de terraformación para The Journal of the British Interplanetary Society en 1991. No seu libro Terraforming: Engineering Planetary Environments (1995), Fogg propón as seguintes definicións respecto a distintos aspectos relacionados coa terraformación: Enxeñaría planetaria: consiste na aplicación da tecnoloxía co propósito de alterar as condicións globais dun planeta. Xeoenxeñaría: enxeñaría planetaria aplicada especificamente na Terra. Inclúe unicamente conceptos de macroenxeñaría que tratan sobre a alteración de parámetros globais coma o efecto invernadoiro, a composición atmosférica ou a insolación. Enxeñaría astrofísica: trata de levar a cabo os procedementos ou actividades relativas a unha hipotética colonización futura nunha escala extraordinaria, coma o da enxeñaría planetaria "convencional".

Frogg tamén contempla definicións para os planetas candidatos en función do seu grao de compatibilidade para a vida humana: Planeta Habitable (HP): un mundo cun ambiente o suficientemente similar ó da Terra para albergar de xeito confortable vida humana sen limitacións. Planeta Biocompatible (BP): Un planeta que posúe os parámetros físicos necesarios para a prosperar na súa superficie. Inicialmente non alberga vida mais sería un mundo que podería conter unha biosfera o suficientemente complexa sen necesidade de terraformalo. Planeta Sinxelo de Terraformar (ETP): Un planeta susceptible de ser biocompatible ou que podería ser habitable e permanecer nel, que aplicando técnicas de enxeñaría planetaria de pouca magnitude e cuns recursos limitados fose posible enviar unha nave ou unha misión robótica precursora.

Marte era bioloxicamente compatible cando era un planeta novo mais actualmente non entra en ningunha destas tres categorías no senso de que sería preciso empregar grandes recursos para terraformalo.

Requisitos para a terraformación Habitabilidade planetaria

miniatura|300px|Zona de habitabilidade circunestelar.

A principal premisa da astrobioloxía, segundo define a NASA, é a busca de auga líquida. A vida tal e como a coñecemos necesita auga líquida amais de elementos como carbono, nitróxeno, fósforo e xofreCita: "La NASA cree que podría haber vida en los océanos de la luna Europa" lainformación.com, Consultado o 20 de abril de 2014, en castelán.. É precisa a presenza de auga líquida en cantidade suficiente e nas condicións óptimas para favorecer o ensamblado das moléculas orgánicas máis complexas e unha fonte de enerxía que manteña o metabolismo.

Un requisito importante para a vida é a fonte de enerxía pero a noción dun planeta habitable implica que outros moitos criterios xeofísicos, xeoquímicos e astrofísicos deban cumprirse previamente na superficie dun corpo astronómico para poder soportar vida. De particular interese é o conxunto de factores complexos, animais multicelulares ademais de organismos simples nese planeta. A investigación e a teorización sobre o asunto forma parte da ciencia planetaria e da nova disciplina da astrobioloxía.

Etapas adicionais de terraformación (Ecopoiese)

Unha vez que as condicións sexan máis favorables para a vida, podería comezar a importación das especies exóticas, empezando pola vida microbiana, nun principio de tipo extremófila. Con condicións semellantes ás da Terra, a vida vexetal tamén podería ser trasladada. Isto aceleraría a produción de osíxeno, que na teoría outorgaría ó planeta as condicións necesarias para acoller vida humana e animal.

Candidatos potenciais para a súa terraformación Terraformando Marte miniatura|Marte. Condicións previas

Se o ser humano pretende que a especie persista nun futuro vindeiro será necesario que consiga asentarse noutros planetas ou satélites. Marte é o candidato máis probable para as primeiras experiencias en terraformación, por ser o planeta máis parecido e máis próximo á Terra. De feito pénsase que unha vez Marte tivo un ambiente relativamente similar ó da Terra a principios da súa historia, cunha densa atmosfera e abundante auga que foi perdendo ó longo de millóns de anosAnguita, Francisco (6/11/1996) ¿Por qué la elección del planeta rojo?, en castelán..

Debátese entre os científicos sobre se tan sequera sería posible terraformar Marte, ou o estable que sería o clima unha vez terraformado. É posible que nunha escala de tempo xeolóxica —decenas ou centos de millóns de anos— Marte puidese perder toda a súa auga e atmosfera de novo, posiblemente debido ós mesmos mecanismos que o levaron ó seu estado actual.

miniatura|300px|left|Magnetosfera terrestre