Olalla Oliveros, nada en Vigo en 1977, é unha antiga modelo e actriz galega.
Traxectoria Con formación en teatro e en danza en Vigo, no ano 2000 Olalla Oliveros mudouse a Madrid para continuar a súa carreira. Alí traballou en publicidade como modelo, e como actriz interveu en distintas series de televisión, como en episodios de La familia Mata (2007), Maitena: estados alterados ou El comisario (2008). No cinema, participou na rodaxe, como actriz, do filme Fase terminal (2010), dirixida por Marta Génova.
Vida persoal En 2010 abandonou a carreira artística e ingresou na Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo como fiel consagrada (votos de celibato e obediencia) e nun réxime de semiclausura"El señor me hizo casting", Faro de Vigo, 20 de abril de 2014 .. Non obstante, a Igrexa Católica non recoñeceu como válida a consagración ao carecer ese grupo desa potestadade "La modelo de la secta de los «miguelianos»: «Tengo mucho que decir»". ABC, 1 de xaneiro de 2015.
Notas
Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes