é un anime italo-xaponés que foi emitido no Xapón a través da canle NHK dende o 2 de abril de 1994 ata o 8 de abril de 1995.Montana Jones no Anime News Network Studio Junio (Xapón) e REVER (Italia) crearon xuntos os 52 episodios da serie. Montana Jones ten un deseño semellante ó de Sherlock Hound, resultado da colaboración de Rever e TMS Entertainment dez anos antes, en 1984. Os caracteres antropomórficos en Montana Jones son felinos, no canto dos cans empregados en Sherlock Hound. En Galicia emitiuse no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.

A historia ten lugar na década de 1930 e trata das aventuras de Montana Jones, que viaxa na busca de tesouros xunto co seu curmán Alfred Jones e a fermosa xornalista Melissa Sone. Nas súas viaxes visitan lugares e cidades reais como as Pirámides de Gizeh, o Taj Mahal, Istanbul ou a Illa de Pascua. Frecuentemente enfróntanse con Lord Zero, un rico e excéntrico ladrón. O anime está claramente inspirado nos filmes de Indiana Jones.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1994 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1995 Categoría:Series de televisión do Xapón Categoría:Series de televisión de Italia Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1930 Categoría:Anime con versión galega Categoría:Xabarín Club