José Antonio de Lorenzo Pardo, nado na Coruña en 1954, é un sindicalista, profesor, divulgador científico e político galego de Ciudadanos.
Traxectoria Estudou física nas universidades de Santiago de Compostela e Sevilla. Exerceu de profesor en Cataluña e Galicia e formou parte das executivas da federación do ensino de Comisións Obreiras de Cataluña e da española. É profesor de física e química no IES Salvador de Madariaga. Foi candidato á alcaldía da Coruña por Unión Progreso y Democracia nas eleccións municipais de 2011 e a deputado nas eleccións xerais de 2011. En 2014 foi elixido como Coordinador Territorial de UPyD en Galicia posto que abandonou xunto con parte da dirección galega e integrándose como tránsfuga en Ciudadanos. Como divulgador científico publicou La revolución del metro (1998).
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes