A margarida común ou margarida europeaNomes comúns da especie en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 (Bellis perennis), é unha planta herbácea do xénero das margaridas Bellis, na familia das asteráceas, propia dos pastos de Europa, mais espallada por todo o mundo, moi utilizada mesturada co céspede, pola súa resistencia á sega.

miniatura|250px|Capítulo, vista cenital. miniatura|250px|Bellis perennis en Johann Georg Sturm, Deutschlands Flora, 1796

Descrición Planta herbácea perenne, ocasionalmente con pequenos rizomas, glabrescentes ou laxamente pubescentes e follas obovado-espatuladas, crenadas ou dentada-arredondadas de 10-60 por 4–20 mm. Escapos sen follas de até 20 cm de altura. As brácteas involucrais teñen pelos pluricelulares máis ou menos abundantes no dorso. As flores hemiliguladas de 5,5-8,5 mm, superan o involucro en 2–5 mm, e teñen un tubo de 0,3-0,8 mm; son brancas, ás veces tinguidas de púrpura; os flósculos, amarelos, teñen 1,5–2 mm. O froito é un aquenio de 1-1,5 por 0,5–1 mm, obovoideo, comprimido, algo peludo, co bordo periférico engrosado; papo ausente.Bellis perennis en Flora vascular de Andalucía occidental

Hábitat e distribución Nativa de Europa e do Norte de África até Asia Central. Introducida no resto do mundo. Medra en prados frescos. Florea e frutifica de outubro a xuño.

Composición química Os capítulos florais conteñen taninos (que son derivados poliacetilénicos), saponócitos, aceites esenciais,Antimicrobial activity of polyacetylenes from Bellis perennis and their synthetic derivatives. ácidos orgánicos e saponinas.Perennisosides I-VII, Acylated Triterpene Saponins with Antihyperlipidemic Activities from the Flowers of Bellis perennisBayogenin and asterogenic acid glycosides from Bellis perennis. Ademais, contén antoxantina, responsábel da cor amarela.

Usos Medicinais Propiedades Antitusiva e expectoranteSeasonal changes in the hemolytic effects of the head of Bellis perennis L. grazas aos saponósidos, resina e mucilaxes. Diurética e sudorífica por mor dos taninos. Cicatrizante. Para controlar a presión arterial. Antiespasmódica. Demulcente, dixestiva, emoliente e laxante. Oftálmica. Purgativas e tónicas. As partes utilizadas son as follas, raíces e flores, aínda que as raíces son as que se usan con menos frecuencia.

É unha popular menciña contra moitas doenzas e ten unha gran variedade de formas de aplicación. É a herba tradicionalmente utilizada contra as feridas, ampolas, queimaduras e para diminuír inflamacións. As raíces utílizanse no tratamento do escorbuto e eccemas dérmicos. Non se ten descrito toxicidade ningunha para esta especie.

Culinarios É comestíbel; téñense consumido as follas en ensaladas, habitualmente mesturada con mexacán (Taraxacum officinale) e fiúncho (Foeniculum vulgare).

Taxonomía Bellis perennis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 886 en 1753.

Etimoloxía Bellis: do latín bellis, -idis, xa empregado na antigüidade por Plinio o Vello (26, 26) co mesmo sentido ("Bellis in pratis nascitur, flore albo, aliquatenus rubente" -A margarida que medra nos prados, con flor branca tintada de vermello.Univ. Chicago - B. Thayer, Pliny the Elder: the Natural History, Liber XXVI). perennis: epíteto latino derivado de per e annuus, "que dura todo o ano".F. Gaffiot. Dictionnaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934, p. 212.

Táxones infra-específicos Todos os descritos, unha vintena, son meros sinónimos da especie ou doutras especies de Bellis. Sinonimia

Aster bellis E.H.L.Krause Bellis alpina Hegetschw. Bellis armena Boiss. Bellis croatica Gand. Bellis hortensis Mill. Bellis hybrida Ten. Bellis integrifolia DC. Bellis margaritifolia Huter Bellis minor Garsault nom. inval. Bellis perennis var. caulescens Rochebr. Bellis perennis f. discoidea D.C.McClint. Bellis perennis var. fagetorum Lac. Bellis perennis var. hybrida (Ten.) Fiori Bellis perennis subsp. hybrida (Ten.) Nyman Bellis perennis var. margaritifolia (Huter) Fiori Bellis perennis var. microcephala Boiss. Bellis perennis f. plena Sacc. Bellis perennis f. pumila (Arv.-Touv. & Dupuy) Rouy Bellis perennis var. pusilla N.Terracc. Bellis perennis f. rhodoglossa Sacc. Bellis perennis var. strobliana Bég. Bellis perennis var. subcaulescens Martrin-Donos Bellis perennis var. tubulosa F.J.Schultz Bellis perennis f. tubulosa A.Kern. Bellis pumila Arv.-Touv. & Dupuy Bellis pusilla (N.Terracc.) Pignatti Bellis scaposa Gilib. nom. inval. Bellis validula Gand. Erigeron perennis (L.) Sessé & Moc. en PlantList|divcolend

Nome común Galego: margarida, margarida común, margarida europea, bonina, belorita, bilorita, ben me quer, parramina, ponmerendas, primachorroNomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, Xunta de Galicia, 1992.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Proxecto Anthos https://web.archive.org/web/20140429045342/http://www.tela-botanica.org/eflore/BDNFF/4.02/nn/9408/synonymie

Categoría:Bellis Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753