miniatura|240px|Candeas e follas. miniatura|240px|Ourizos (calibios) in situ. miniatura|240px|Follas O castiñeiro americanoNome vulgar recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#24874684, Castanea dentata, é un castiñeiro (familia Fagaceae), que, como o seu nome indica, é nativo de América do Norte.

Descrición Son árbores que poden acadar os 30 m de altura, mais hoxe en día, por mor á destrución xeneralizada por fungos (Phytophthora infestans ou Alternaria solanii), só fican gomos multicaules duns 5–10 m. Ten casca de cor cinsenta, lisa cando é novo, sucada coa idade e coas franzas glabras. As follas, cun pecíolo de 8–40 mm, teñen un limbo estreitamente obovado a oblanceolado, de 9-30 por 3–10 cm, de base cuneada e marxes marcadamente aserrados, cos dentes triangulares, diminuíndo gradualmente deica o ápice. As flores masculinas organízanse en amentos erectos ou pénsiles coñecidos popularmente coma candeas. A inflorescencia feminina consta de 3 flores por cúpula. O froito é unha noz con calibio (ourizo) cuberto de espiños esencialmente glabras, con 4 valvas dehiscentes por 4 suturas irregulares. Hai 3 aquenios por froito, obovados, de 18-25 por 18–25 mm, aplanados nun ou ambos lados.Castanea dentata en Flora of North America

Hábitat e distribución É unha especie nativa dos bosques caducifolios e mixtos dos Estados Unidos; florece en xuño-xullo a altitudes comprendidas entre o nivel do mar e 1200 m nos Estados orientais e do sur de Alabama, Connecticut, Delaware, Florida, Xeorxia, Illinois, Indiana, Kentucky, Luisiana, Maine, Maryland, Massachusetts, Míchigan, Mississippi, Missouri, Nova Hampshire, Nova Jersey, Nova York, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Ohio, Pensilvania, Rhode Island, Tennessee, Vermont, Virxinia e Wisconsin; tamén en Ontario (Canadá)

Usos O castiñeiro americano foi unha das máis importantes árbores forestais do leste de América do Norte antes de 1930, cando as poboacións foron case destruídas polo chancro do castiñeiro, causado polo fungo introducido Cryphonectria parasitica.

Despois de 1930, os individuos foron na súa maioría rebentos que rara vez, ou nunca, producen sementes viábeis.

Os froitos secos, comestíbeis, eran un doce apreciado no leste dos Estados Unidos.

A madeira é lixeira, forte e resistente á descomposición, así que se utiliza amplamente para a construción, mobles e elementos decorativos. A casca úsase para curtir peles.

Nativos americanos utilizaron diversas partes da árbore con fins medicinais en forma dun xarope para a tose e para o tratamento da tose ferina, para problemas do corazón, e en forma de po para a pel irritada.

Taxonomía Castanea dentata foi descrito primeiro por Humphrey Marshall como Fagus dentata (basiónimo) en Arbust. amer., 46 en 1785 e trasladado ao xénero Castanea por Moritz Balthasar Borkhausen en Theor. Prakt. Handb. Forstbot., 1: 741 en 1800 Etimoloxía Castanea: nome xenérico que deriva do grego χάστανον e despois do latín castănĕa, -ae, nome do castiñeiro e da castaña (Virxilio, Bucolicas,1, 82), esta última tamén chamada castanea nux (Virxilio, Bucolicas, 2, 52), a noz do castiñeiro.Gaffiot F., Dictionnaire Latin-Français, p. 271, Hachette, Paris, 1934 Tamén podería derivar de Castanaea, -ae ou Castana, -ae, cidade de Asia Menor ou, segundo outros, do nome armenio desta árbore. dentata: epíteto latino de sentido evidente, dentado.

Sinonimia Castanea americana (Michx.) Raf. Castanea sativa var. americana (Michx.) Sarg. Castanea sativa var. pendulifolia Lavallée Castanea vesca var. americana Michx. Castanea vesca var. denuda Alph.Wood Castanea vulgaris var. americana (Michx.) A.DC. Fagus castanea var. dentata Marshall Fagus dentata Marshallen The Plant List

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das fagáceas Castiñeiro Ligazóns externas Flora of North America RangeMap: The American Chestnut Foundation American Chestnut Cooperators Foundation Canadian Chestnut Council American Chestnut Research and Restoration Center, SUNY-ESF National Geographic article Castanea dentata images at bioimages.vanderbilt.edu Rare American Chestnut Trees Discovered The Washington Post, 19 de maio de 2006) American Chestnut Restoration Breakthrough: The Tale of a Tree (GreenXC.com, 28 de xuño de 2011) The Chestnut Resurrection

Categoría:Castanea Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Oleaxinosas Categoría:Castaña Categoría:Madeiras Categoría:Plantas descritas en 1800