Mario Costeja González, nado no Brasil en 1955, é un perito caligráfico galego, coñecido por conseguir que os tribunais lle recoñecesen o dereito ao esquecemento.
Traxectoria Fillo de catalán e galega, naceu na emigración brasileira. Casado, posuía unha tenda coa súa muller, que entrou en crise e pechou con altos niveis de endebedamento. En 1998 o xornal La Vanguardia publicaba un anuncio do Ministerio de Traballo de España onde se avisaba da poxa de bens embargados a Mario Costeja. Anos máis tarde, ao dixitalizarse o arquivo histórico de La Vanguardia ese anuncio mostrábase cada vez que algúen googleaba o nome de Mario Costeja, polo que este entendía que se lle causaba un prexuízo, especialmente dado que os motivos que causaran o embargo foran xa resoltos e Costeja xa non estaba casado.
Costeja reclamoulle en 2009 o borrado desas páxinas do resultado da busca a Google, apoiado pola Axencia Española de Protección de Datos. Google negouse, a Audiencia Nacional pediu consulta ao Tribunal Europeo de Xustiza e este, en maio de 2014 sentenciou en favor de Costeja, recoñecéndolle o seu dereito á protección de datos derivados dos procesos de busca automatizada en Internet. A sentenza do tribunal europeoAcordo do Tribunal Europeo de Xustiza de 13 de maio de 2014 tivo unha ampla repercusión internacionalSpain's everyday internet warrior who cut free from Google's tentacles, The Guardian.
Notas
Categoría:Internet Categoría:Nados en 1955 Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados no Brasil Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Personalidades sen imaxes