A Lei Orgánica do Estado (1967) foi promulgada durante a terceira etapa do réxime franquista, un goberno no que a maior parte do poder estaba en mans da familia tecnócrata. Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse o proceso de institucionalización do réxime franquista.

Contido Ten como materia fundamental: A separación de cargos de Xefe do Estado e Xefe de Goberno, aínda que iso non impediu que Franco seguise ostentando os dous ata 1972, cando as Cortes elixiron como Presidente do Goberno a Luis Carrero Blanco (que foi asasinado por ETA en 1973) e ao que substituíu Carlos Arias Navarro. Outro punto importante é o aumento do número de procuradores das Cortes, incorporando os 102 do terzo familiar que prevía a Lei Constitutiva das Cortes en 1942, pero que ata ese momento non foran elixidos. Asentamento da institución monárquica en España Contemplación da posibilidade de crear asociacións políticas.

Véxase tamén Outros artigos Leis Fundamentais do Reino Ligazóns externas Lei Orgánica do Estado, núm. 1/1967 (BOE-A-1967-5) Texto completo da Lei Orgánica do Estado Gravación de TV na Franco pide o si no Referendo da Lei Orgánica do Estado, en 1966

Categoría:Leis Fundamentais do Reino