San Martiño de Touriñán é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE de 2013 tiña 77 habitantes (45 homes e 32 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 98 habitantes.
Xeografía Nesta parroquia atópase o cabo Touriñán, punto máis occidental de Galiza.
Por esta parroquia pasa a 7ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Touriñán na literatura popular Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana Refírese á punta do cabo Touriñán, situado nesta parroquia. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Touriñán
Parroquias de Muxía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía Camiño dos Faros
Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Camiño dos Faros