Thermoplasma é un xénero de arqueas da familia Thermoplasmataceae.Ver no NCBI a páxina sobre Thermoplasma. Datos extraídos de
O xénero pertence aos Thermoplasmata, que viven en ambientes con altas temperaturas e ácidos. Os Thermoplasma son anaerobios facultativos e respiran utilizando xofre e carbono inorgánico. Non presentan parede celular senón unha membrana plasmática peculiar composta principalmente por un lipoglicano tetraéter, que contén un lípido tetraéter arqueano atípico unido a un oligosacárido que contén glicosa e manosa. Este lipoglicano probablemente é o responsable da estabilidade termal e ácida da membrana de Thermoplasma.
Actualmente o xénero Thermoplasma ten dúas especies recoñecidas: T. acidophilum e T. volcanium. T. acidophilum illouse orixinalmente dunha morea de carbón encendido a pH 2 e 59 °C. Illáronse numerosas cepas de T. volcanium en mananciais termais sulfurosos en moitos lugares do mundo. Secuenciáronse os xenomas de ambas as especies.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Revistas científicas
Libros científicos
Bases de datos científicas
Ligazóns externas
Categoría:Arqueas