Alfio Basile máis coñecido como Coco Basile, nado o 1 de novembro de 1943 en Bahía Blanca (Provincia de Buenos Aires) é un futbolista e adestrador arxentino retirado.

Traxectoria Coma xogador Comezou a súa carreira profesional no modesto Club Bella Vista, da súa cidade natal. En 1964 fichou polo Racing Club, onde permaneceu ata 1970 participando nunha grande época do equipo, que gañou o título de liga en 1966 e a Copa Libertadores e Copa Intercontinental en 1967.

En 1971 fichou polo CA Huracán, equipo que tivo que abandonar en 1975 por problemas no xeonllo.

Como adestrador Unha vez se retirou coma xogador profesional comezou a súa carreira de adestrador de fútbol. Pasou por gran número de equipos arxentinos, coma CA Huracán ou CA Rosario Central. Desta primeira época destaca Racing Club, co que gañou a Supercopa Suramericana e Supercopa Interamericana en 1988.

En 1991 substituíu Carlos Bilardo na dirección da Selección de fútbol da Arxentina de cara ao Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, equipo no que adestrou a Gabriel Batistuta, Diego Armando Maradona ou Claudio Caniggia. Con este equipo gañou a Copa América en dúas ocasións (1991 e 1993) e a Copa Confederacións da FIFA (1992). A fase de clasificación para o Mundial tivo os seus clarescuros tendo que xogar unha fase de repesca ante o gañador do grupo de Oceanía, Australia, partidos para os que Maradona volveu ao equipo. O Mundial seguiu está tónica, comezou cunha goleada por catro a cero ante Grecia e rematou co equipo eliminado en oitavos de final ante Romanía trala expulsión de Maradona tras dar positivo nun control antidopaxe. Tras esta sorprendente eliminación Basile deixou o equipo, a pesar deste fracaso baixo a súa dirección o equipo marcou a maior racha de encontros sen perder da historia da selección arxentina, 33 encontros.

Nos seguintes anos Basile dirixiu a diversos equipos tanto arxentinos coma estranxeiros, coma o Club América de México, Club Nacional de Football do Uruguai ou Atlético de Madrid español. Porén non obtivo bos resultados con ningún destes equipos.

No ano 2000 recibiu o Premio Konex, coma un dos cinco mellores adestradores arxentinos da década.

En xullo de 2005 fichou polo CA Boca Juniors co que recollería varios títulos, tanto nacionais coma internacionais coa Recopa Suramericana en dúas ocasións, Torneo Apertura, Torneo Clausura e Copa Suramericana. O 15 de setembro foi substituído por Ricardo La Volpe para facerse cargo outra vez da Selección da Arxentina substituíndo a José Pekerman. Permaneceu no posto ata outubro de 2008 cando renunciou ao cargo tras a derrota ante a Selección de fútbol de Chile, o seu posto ocupouno Diego Armando Maradona.

Palmarés Títulos nacionais TítuloEquipoPaísAnoTorneo Apertura CA Boca Juniors Arxentina2005Torneo Clausura CA Boca Juniors Arxentina2006

Títulos internacionais TítuloEquipoPaísAnoSupercopa Suramericana Racing Club Brasil1988Copa Xigantes da Concacaf Club América Estados Unidos2001Recopa Suramericana CA Boca Juniors Colombia2005Copa Suramericana CA Boca Juniors Arxentina2005Recopa Suramericana CA Boca Juniors Brasil2006

Coa selección da Arxentina TítuloEquipo (*)SedeAnoCopa América Selección de fútbol da Arxentina Chile1991Copa Kirin Selección de fútbol da Arxentina Xapón1992Copa Confederacións da FIFA Selección de fútbol da Arxentina20px Arabia Saudita1992Copa América Selección de fútbol da Arxentina Ecuador1993

Categoría:Nados en Bahía Blanca Categoría:Nados en 1943 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Bella Vista Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA Chacaritas Junior Categoría:Adestradores do CA Rosario Central Categoría:Adestradores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Adestradores do CA Racing de Córdoba Categoría:Adestradores do Instituto ACC Categoría:Adestradores do CA Huracán Categoría:Adestradores do CA Talleres Categoría:Adestradores do CA Vélez Sársfield Categoría:Adestradores do Club Nacional de Football Categoría:Adestradores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Atlético de Madrid Categoría:Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Adestradores do Club América Categoría:Adestradores do CA Colón de Santa Fe Categoría:Adestradores do CA Boca Juniors Categoría:Adestradores gañadores da Copa America