O Zürcher Schlittschuh Club Lions ou simplemente ZSC Lions (coñecido coloquialmente como Zätt) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zürich, Suíza. O club foi fundado en 1930 e compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo, a National League A, competición que gañou en oito ocasións, a última delas en 2014. Xoga os seus partidos como local no Hallenstadion de Zürich, un pavillón con capacidade para 11.200 espectadores situado no distrito de Oerlikon.

Historia Inicios e primeiros títulos O 15 de outubro de 1930 nacía no Hotel Habis Royal, na Bahnhofplatz de Zürich, a sección de hóckey sobre xeo do Zürcher Schlittschuh-Clubs. Pouco despois o equipo xogou o seu primeiro partido no Palazzo di ghiaccio de Milán, caendo derrotado por 1 gol a 2. Xa en 1931 o equipo puido construír o Dolder-Kunsteisbahn e competir no campionato nacional e en 1932 conseguiu o ascenso á actual National League A.

En 1936 chegaba o primeiro título de liga para os de Zürich, repetindo este éxito 13 anos máis tarde, o 30 de xaneiro de 1949, cando 12.000 espectadores viron ao ZSC alzar o seu segundo título de campión suízo. Un xogador foi fundamental na consecución destes dous primeiros título para o equipo de Zürich, Heini Lohrer, que chegara ao equipo en 1934 procedente do EHC Arosa. Porén, tres anos despois deste último título, a maior parte dos xogadores do equipo campión se retiraron e o club pasaría toda a década de 1950 sen conseguir ningún campionato de liga. Outro éxito da década de 1940 foron as dúas Spengler Cup consecutivas conquistadas en 1944 e 1945 fronte ao anfitrión HC Davos.

Declive A finais da década de 1950, o club comezou unha reconstrución do equipo que o levou a alzarse coa copa en 1960 e co dobrete de liga e copa ao ano seguinte co adestrador-xogador Otto Schläpfer. Máis a década de 1960 estivo marcada polos inicios do profesionalismo e o equipo non puido repetir os éxitos conseguidos nos primeiros anos da década, xogando fronte a equipos da parte alta cunha estrutura máis profesionalizada e que ás veces investían grandes cantidades de diñeiro. Neste contexto, o ZSC non foi quen de seguir o ritmo dos equipos máis profesionalizados e en 1971 descendeu á segunda categoría, non conseguindo recuperar a categoría ata 1973. Porén tan só conseguiu manterse un ano entre os mellores equipos suízos, descendendo de novo tras un ano na elite, iniciando unha longa etapa no segundo nivel do hóckey sobre xeo suízo ata asentarse definitivamente na máxima categoría a partir de 1990 despois de tres ascensos fugaces en 1982, 1984 e 1986.

O maior éxito do ZSC na década de 1990 foi o pase ás semifinais dos play-offs polo título de liga na tempada 1991-92 baixo a dirección de Arno Del Curto, logo de terse clasificado na 7ª posición e ter eliminado nos cuartos de final ao HC Lugano en catro partidos nunha eliminatoria na que os de Zürich comezaron gañando os dous primeiros partidos e encaixaron un contundente 10-0 no terceiro partido, para finalmente impoñerse nos penaltis no cuarto partido. Porén nas semifinais o equipo caeu fronte ao SC Bern, que finalmente se alzaría co título, en tres partidos.

Fusión co GCK miniatura|Logotipo do Grasshopper Club Zürich, que en 1997 fusionouse co Zürcher SC formando o ZSC Lions. En 1997 o Zürcher Schlittschuh-Clubs fusionouse coa sección de hóckey sobre xeo do Grasshopper Club Zürich (actualmente denominado GCK Lions), mudando o seu nome polo de ZSC Lions. Malia a fusión co Grasshopper, o ZSC Lions non foi quen de conseguir ningún título nas seguintes tempadas.

Porén, na tempada 1999-00 o club de Zürich volvería á senda dos títulos ao conseguir o seu cuarto campionato de liga logo dunha tempada na que os Lions remataron na segunda posición da liga regular por detrás do HC Lugano cun rexistro de 26 vitorias, 4 empates, e 15 derrotas para un total de 56 puntos (11 puntos menos que o Lugano). Nos cuartos de final dos play-offs polo título os Lions se enfrontaron ao HC Davos (7º da liga regular), superando a eliminatoria en cinco partidos logo de gañar os dous primeiros e perder o terceiro por 2 goles a 3. Nas semifinais enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o EV Zug, que viña de xogar unha longa eliminatoria fronte aos Kloten Flyers que se decidiu no 7º partido, e ao que derrotou en catro partidos. Na final cruzouse co Lugano, que viña de gañar todas as eliminatorias sen ceder ningún partido. Malia que o Lugano comezou gañando o primeiro partido, os de Zürich gañaron os tres seguintes partidos, e aínda que o Lugano conseguiu manterse vivo na final logo de gañar o quinto partido na prórroga, os ZSC Lions se impuxeron no sexto partido por 4 goles a 3, alzándose co campionato despois de 39 anos sen gañar o título de liga.

Champions Hockey League e Victoria Cup Na tempada 2008-09, os ZSC participaron na primeira edición da Champions Hockey League. Na fase de grupos, foi encadrado no grupo D xunto co HC Slavia Praha checo e o Linköpings HC sueco. Os Lions clasificaronse para as semifinais cun rexistro de 3-1 e a primeira posición do seu grupo. Nas semifinais cruzouse cos Espoo Blues finlandeses, aos que eliminou malia á derrota por 6 a 3 no primeiro partido disputado en Zürich, ao gañar por 4 goles a 1 no partido de volta disputado no Länsiauto-areena de Espoo ante 6.612 espectadores. O partido de ida de final tivo lugar o 21 de xaneiro de 2009 no Magnitogorsk Arena, onde os Lions empataron a 2 goles co Metallurg Magnitogorsk ruso logo de ir gañando por 2 goles a 0 no primeiro tempo e recibir dous goles no último. O partido de volta foi xogado o 28 de xaneiro de 2009 no Diners Club Arena de Rapperswil-Jona, onde os ZSC Lions gañaron por 5 goles a 0, gañando o Silver Stone Trophy.

Coa súa vitoria na Champions Hockey League, os ZSC Lions cualificáronse para xogar fronte aos Chicago Blackhawks da National Hockey League na edición de 2009 da Victoria Cup. Xogada na casa dos Lions, os suízos derrotaron por 2 goles a 1 aos Blackhawks, gañando o trofeo. Esta foi a primeira vez dende 1991 que os Blackhawks perderon fronte a un equipo de Europa.

Pavillón

miniatura|Interior do Hallenstadion. Entre 1930 e 1950, os ZSC Lions xogaron os seus partidos como local na pista de xeo Dolder. Dende 1950 o equipo xoga os seus partidos como local no Hallenstadion de Zürich, un pavillón con capacidade para 11 200 espectadores situado no distrito de Oerlikon. O primeiro partido do club tivo lugar o 18 de novembro de 1950 e enfrontou ao daquela denominado Zürcher SC e ao EHC Arosa, finalizando o partido con empata e 5 goles. Entre xuño de 2004 e xullo de 2005 o pavillón experimentou unha profunda remodelación que custou 145 millóns de francos e que modernizou o pavillón dotándoo de infraestrutura para acoller eventos empresariais, deportivos e culturais. Durante o tempo que o Hallenstadion permaneceu en obras, os ZSC Lions xogaron os seus partidos como local no achegado Stadiönli (tamén coñecido como KEBO). O Hallenstadion conta cunha das medias de asistencia máis altas da competición.

Tempada Liga regular Play-Off Play-Out Récord de asistencia Esgotado 2013-14 9 048 10 082 − 11 200 4x 2012-13 8 745 10 541 − 11 200 2x 2011-12 7 625 10 843 − 11 200 4x 2010-11 7 640 10 050 − 10 700 2009-10 7 749 8 948 − 9 963 2008-09 7 720 8 698 − 9 668 2007-08 6 314 10 385 − 10 700 4x 2006-07 6 287 10 182 − 10 660 1x 2005-06 8 540 − 6 625 10 046 2004-05 3 038 3 300 − 3 8403x 2003-04 7 615 10 421 − 11 500 2x 2002-03 8 837 9 485 − 11 500 3x 2001-02 8 507 11 229 − 11 500 8x 2000-01 8 124 10 854 − 11 500 6x

Afección miniatura|300px|Seareiros do ZSC Lions na celebración do 80 aniversario do club. O ZSC Lions é un dos clubs con maior apoio de Suíza. Na tempada 2021-22 foi o terceiro club suízo e cuarto europeo en rexistros de asistencia, reunindo a 8 020 persoas de media ao longo da tempada, só superado polo SC Bern (13 348) e o Fribourg-Gottéron (8 324).

Personalidades Xogadores Capitáns Ao longo da súa historia, os ZSC Lions tiveron 16 capitáns, 11 deles ostentando o posto en solitario. O primeiro capitán da historia do equipo de Zürich foi nomeado na tempada 1980-81, e foi o xogador nado en Arosa Lorenzo 'Lolo' Schmid. O xogador que máis tempo ocupou o posto de capitán na historia do equipo foi o suízo Mathias Seger, que ocupou o posto en solitario durante nove tempadas, e logo compartiu o posto con outros xogadores outras tres tempadas máis. Excepto o estadounidense Ron Wilson, todos os capitáns do equipo naceron en Suíza. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Capitáns dos ZSC Lions Nome(s) Período Lorenzo 'Lolo' Schmid 1980–84 Hans Schmid 1984–86 Roger Geiger 1986–88 Ron Wilson 1988–89 Ningún capitán 1989–91 Jiri Faic 1991–93 Christian Weber 1993–94 Bruno Vollmer 1994–97 Claudio Micheli 1997–00 Michel Zeiter 2000–02 Ningún capitán 2002-03 </td> Capitáns dos ZSC Lions Nome(s) Período Mark Streit 2003-05 Mathias Seger 2005-14 Mathias SegerSeverin Blindenbacher 2014-15 Mathias SegerPatrik Bärtschi 2015-16 Mathias SegerPatrick Geering 2016-17 Patrick Geering 2017-

Blindenbacher, Bärtschi e Geering foron co-capitáns de Mathias Seger durante as tempadas 2014-15, 2015-16 e 2016-17 respectivamente.

Geering e Schäppi son os co-capitáns do equipo na tempada 2017-18.

Números retirados Números retirados dos ZSC Lions NºXogadorPosiciónCarreira nos Lions 15 Mathias Seger D 1999–2018 21 Reto Sturzenegger D 1984–1988 23 Chad Silver F 1998–1999 31 Ari Sulander P 1998–2012

Presidentes Dende a fundación do equipo en 1930, 17 persoas sucedéronse no posto de presidente do ZSC. O primeiro presidente foi Max Reutter, que estivo no cargo en dous períodos, o primeiro deles dende a fundación do club ata a tempada 1942-43, e posteriormente durante as tempadas 1948-49 e 1949-50. Na tempada 1997-98 Walter Frey asumiu o cargo e en 2022 continuaba presidindo a entidade suíza, converténdose deste xeito na persoa que máis tempo permaneceu na presidencia na nos case 100 anos de historia do equipo de Zürich. Os presidentes dos ZSC Lions ao longo da súa historia foron os seguintes:

Presidentes dos CZS Lions Presidentes Inicio Fin Max Reutter 1930 1942-43 Karl Müller 1943-44 1947-48 Max Reutter 1948-49 1949-50 Ruedi Vilim 1950-51 1951-52 Otto Ernst 1952-53 Hans Waldburger 1953-54 1956-57 Max Thierstein 1957-58 1959-60 Max Baumgartner 1960-61 1961-62 Fritz Arzethauser 1962-63 1966-67 Walter Kleiner 1967-68 1968-69 Alfred Duttweiler 1969-70 Walter Laetsch 1970-71 1972-73 Ernst Ruth 1973-74 1975-76 Edwin Naegeli 1976-77 1977-78 Andreas von Albertini 1978-79 Alfred Duttweiler 1979-80 1987-88 Pepe Wiss 1988-89 1992-93 Bernd Böhme 1994-95 1996-97 Walter Frey 1997-98 No cargo

Equipo feminino

Na tempada 1982-83 creouse o equipo feminino do club baixo o nome "ZSC ASTENA". Posteriormente pasaron a denominarse durante moitos anos "ZSC Cosmos". En 2011 o equipo gañou por primeira vez o liga suíza, título que alzaron posteriormente noutras seis ocasións, a última delas en 2022.

Palmarés 11 National League A: 1936, 1949, 1961, 2000, 2001, 2008, 2012, 2014, 2018, 2024, 2025 4 NLB Championship: 1973, 1981, 1983, 1989 1 Victoria Cup: 2009 1 Champions Hockey League: 2025 1 Champions Hockey League/Silver Stone Trophy: 2009 2 IIHF Continental Cup: 2001, 2002 3 Copas de Suíza: 1960, 1961, 2016 2 Spengler Cup: 1944, 1945

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial ZSC Lions TV

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suíza