O termo Estados Xerais pode referirse a: Estados Xerais, antiga institución do poder en Francia. Estados Xerais de 1789, primeira reunión deste órgano desde 1614, que foi unha asemblea xeral extraordinaria composta de representantes dos Tres Estados da sociedade francesa, na que a independencia que demostraron os deputados do Terceiro Estado (en realidade, só a burguesía, os campesiños estaban excluídos) con respecto aos outros dous (nobreza e clero) e á Coroa marcou o inicio da Revolución francesa. Estados Xerais dos Países Baixos, o poder lexislativo dos Países Baixos. Están divididos en dúas cámaras: Senado dos Estados Xerais, que é a cámara alta; Segunda Cámara dos Estados Xerais, que é a cámara baixa.