Eligio Estévez Meleiro, nado en Crespos (Padrenda) cara a 1899, foi un político galego.

Traxectoria Criouse co seu tío, párroco de Ordes. En 1922 trasladouse a Vigo, empregado da Compañía de ferrocarril de Vigo-Baiona, como auxiliar de Xefe de Estación de Coruxo. Volveu a Ordes e montou un ultramarinos. Afiliado á Sociedad Agrícola Republicana Independiente de Ordes, foi nomeado presidente en 1934.Heraldo de Galicia, 15-6-1935, p. 6. Foi nomeado alcalde de Rairiz de Veiga en marzo de 1936, por designación do Gobernador civil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois de entregar o concello, cruzou a fronteira e permaneceu en Castro Laboreiro e Alcobaça ata que en xullo de 1939 se presentou ás autoridades franquistas. Encarcerado, foi posto en liberdade ao pouco tempo sen que se lle abrira procedemento xudicial. Fóronlle incautados os bens.La Región, 9-2-1937. En abril de 1940 o Tribunal de Responsabilidades Políticas sancionouno cunha multa de 500 pesetas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente de responsabilidades políticas de Eligio Estévez Meleiro.

Categoría:Alcaldes de Rairiz de Veiga Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Padrenda Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes