SommelierTermo en galego segundo o Servizo de Normalización Lingüística da USC é o profesional da hostalaría encargado da xestión e comercialización do viño nun restaurante, así como de aconsellar á clientela cal é o que máis se axeita aos pratos que van consumirProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ademais do viño, este profesional pode estar especializado en cervexas, ou outros tipos de bebidas, e de todos os asuntos relacionados ao servizo deste. Adicionalmente, coida da compra, almacenamento e rotación de adegas e elabora cartas de viño en restaurantes.
Na antigüidade, o sommelier era quen botaba o viño nas cuncas dos convidados, nos banquetes.
Etimoloxía A palabra sommelier vén do francés [bête de] somme = [besta de] carga + lier = amarrar, ligar, polo tanto o "amarrador (ou lidador) das cargas". En resumo, o carroceiro dos castelos e palacios, que, por transportar as pipas de viño, acabou sendo o encargado de probar seu contido antes que fose servido aos reis e nobres, para evitar tentativas de envelenamentos durante o transporte.
En portugués tamén se emprega o substantivo escanção (escancián) que, o mesmo que o verbo escanciar (servir viño, sidra ou outra bebida), deriva do vocábulo da lingua gótica skankja, que significa copeiro (o que lle serve a copa aos reis).Verbete "escanção" do dicionário Priberamminiatura|Sommeliers en acción.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos Viño
Categoría:Enoloxía