O coencima M ou coenzima M, abreviado como HS-CoM e tamén chamado 2-mercaptoetanosulfonato é un coencima necesario para realizar as reaccións de transferencia de grupos metilo no metabolismo dos microorganismos metanóxenos. O coencima M é un anión coa fórmula HSCH2CH2SO3-. Cando leva o catión Na+ formando o sal sódico é un medicamento usado en quimioterapia chamado Mesna (INN). O mercaptoetanosulfonato contén tanto un tiol, que é o seu principal sitio reactivo, coma un grupo sulfonato, que o fai soluble en medio acuoso.

Función bioquímica Este coencima é o doante de C1 na metanoxénese. Convértese no propil coencima M-tioéster, o tioéter CH3SCH2CH2SO3-, no penúltimo paso da formación do metano. O coencima M reacciona co coencima B, 7-tioheptanoiltreoninafosfato, para dar un homodisulfuro, liberando metano: CH3–S–CoM + HS–CoB → CH4 + CoB–S–S–CoM Esta indución está catalizada polo encima metil-coencima M redutase, que usa o cofactor F430 como grupo prostético.

Notas

Categoría:Coencimas Categoría:Tioles Categoría:Sulfonatos