Andrés Ortiz-Osés, nado en Tardienta (provincia de Huesca) en 1943 e finado en Zaragoza o 18 de xuño de 2021, foi un filósofo español.

Traxectoria Estudou teoloxía na Universidade Pontificia Comillas e posteriormente filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. Máis tarde se trasladou á Universidade de Innsbruck (Austria) onde se doutorou en filosofía hermenéutica. En Innsbruck asistiu ás clases de Gadamer, Emerich Coreth e Franz-Karl Mayr. Colaborou co Círculo de Eranos (Suíza), inspirado por Carl Gustav Jung e do que formaron parte Karl Kerenyi, Mircea Eliade, Erich Neumann, Gilbert Durand e James Hillman entre outros.

É fundador da hermenéutica simbólica. Dela díxose que proporciona un xiro á disciplina orixinaria de Alemaña, polo que "a razón clásica se converte en razón-sentido, unha razón sensible ou sensual propia dunha filosofía sudista, latino-mediterránea e hispano-americana, caracterizada por unha razón afectiva".Luis Garagalza (2008). Rezensionen: Andrés Ortiz-Osés. Razón y sentido. Aufsätze zur symbolischen Hermeneutik der Kultur. http://www.filos-verlag.de/Katalog/Einzeltitel/Ortiz-Oses/OrtizRezensionen.htm

A achega de Ortiz Osés que máis difusión tivo entre o gran público é posiblemente a dedicada o estudo da mitoloxía vasca, así como ao chamado matriarcalismo vasco. A Universidade Nacional Autónoma de México publicou unha obra sobre o seu pensamento antropolóxico, coordinada por Blanca Solares, co título El dios andrógino.El dios andrógino (Porrúa, México, 2003)

A revista Anthropos dedicoulle un número monográfico.Anthropos 57, 1986 É membro de honra da Sociedade Española de Psicoloxía Analítica. É director da colección Hermeneusis da editorial Anthropos. Ten sido profesor das universidades de Zaragoza, Pontificia de Salamanca e Deusto, onde é catedrático de filosofía.

Na súa traxectoria realizou a intersección entre a escola de Heidegger (hermenéutica) e a escola de Jung (Círculo Eranos). O resultado é unha Filosofía do sentido.

Obra A súa obra esténdese ao longo de tres decenios e publicou máis de trinta libros. Poden organizarse en catro grupos: Tratados hermenéuticos Antropología hermenéutica. Editorial Ricardo Aguilera, 1973. ISBN 84-7005-123-7 Mundo, hombre y lenguaje crítico. Sígueme, 1976. Comunicación y experiencia interhumana. Descleé, 1977. ISBN 84-330-0383-6 La nueva filosofía hermenéutica. Anthropos, 1986. ISBN 84-7658-017-7 El Círculo de Eranos. Una Hermenéutica Simbólica del Sentido. Anthropos, 1994. ISSN 0211-5611 Análisis y lectura del almacenamiento simbólico de Eranos. Anthropos, 1994. ISSN 0211-5611 Claves de hermenéutica: para la filosofía, la cultura y la sociedad. Bilbao: Universidade de Deusto. Departamento de Publicaciones, 2005. ISBN 978-84-7485-479-4 Diccionario de la existencia. Asuntos relevantes para la vida humana. En colaboración con Patxi Lanceros. Anthropos, 2006. ISBN 978-84-7658-799-7 Diccionario de hermeneútica: una obra interdisciplinar para las ciencias humanas. Bilbao: Universidade de Deusto. Departamento de Publicaciones, 2006. ISBN 978-84-7485-917-1 Hermenéutica de Eranos. Las estructuras simbólicas del mundo . Proemio Eugenio Trías. Apéndice de Gilbert Durand. Barcelona: Anthropos Editorial, 2012. ISBN 9788415260363 Estudos mitosimbólicos El matriarcalismo vasco. Universidade de Deusto, 1980. ISBN 84-7485-011-8 El inconsciente colectivo vasco. Txertoa, 1982. ISBN 84-7148-107-3 Antropología simbólica vasca. Anthropos, 1985. ISBN 84-85887-84-0 C. G. Jung: Arquetipos y Sentido. Universidade de Deusto, 1988. ISBN 84-7485-086-X La identidad cultural aragonesa. Centro de Estudios Bajoaragoneses, 1992. ISBN 84-86982-33-2 El sentido de la cultura vasca. Cultura popular vasca y deporte. Annals of Foreign Studies XLIII 1-31. Universidade de Kobe (Xapón), 1998. Juego y simbolismo. Investigación de la cultura vasca. Universidade de Kobe (Xapón), 1999. (Español-xaponés) La diosa madre. Trotta, 1996. ISBN 84-8164-099-9 Las claves simbólicas de nuestra cultura. Anthropos, 1992. ISBN 84-7658-307-9 Cuestiones fronterizas. Anthropos, 1999. ISBN 84-7658-560-8 Filosofía do sentido da vida Metafísica del sentido. Universidade de Deusto, 1989. ISBN 84-7485-108-4 La razón afectiva, 2000. ISBN 84-8260-073-7 Amor y Sentido, 2003. ISBN 84-7658-652-3. Razón y sentido. Aufsätze zur symbolischen Hermeneutik der Kultur. 2006. Iberoromania. Volume 62, Issue 2, Pages 150–152, ISSN (Print) 0019-0993, DOI: 10.1515/IBER.2005.150 El sentido de la existencia. Posmodernidad y nihilismo (con G. Vattimo). Universidade de Deusto, 2007. ISBN 9788498300758 The Sense of the World. 2008. ISBN 978-1-888570-34-2 (Tradución inglesa de David Sumares) La herida romántica. Anthropos, 2008. ISBN 978-84-7658-878-9 Heidegger y el ser-sentido. Universidade de Deusto, 2009. ISBN 978-84-9830-966-9 Nietzsche: La disonancia encarnada. Libros del Innombrable. Zaragoza, (en prensa). Aforismos Co-Razón. MRA, 1996. ISBN 84-88865-82-1 Experiencia / Existencia. March Editor, 2006. ISBN 84-95608-77-4 Filosofía de la experiencia. Instituto de Estudios Altoaragoneses, 2006. ISBN 84-8127-176-4 Meditación del existir. ISBN 9788495399984 El enigma de existir. Deputación de Valencia, 2008. ISBN 84-7822-529-3

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal

Categoría:Filósofos de Aragón Categoría:Nados en Tardienta Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Universidade de Innsbruck Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza Categoría:Finados en 2021