Godzilla é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Gareth Edwards que se estreou no 2014. É unha versión baseada na historia do monstro xaponés Godzilla, e o filme está ambientado 15 anos despois de que un desastre nuclear no Xapón espertase dúas criaturas parasitas xigantes, coñecidas como "MUTOs", que están a buscarse entre elas para reproducirse, pero que sen querelo chaman a atención doutra criatura, meirande, máis destrutiva e antiga, un predador coñecido como "Godzilla", cuxa existencia foi mantida en segredo polo goberno dos Estados Unidos dende 1954. O filme conta a historia da orixe de Godzilla na era contemporánea como unha "arrepiante forza da natureza". Está protagonizado por Aaron Taylor-Johnson, Ken Watanabe, Elizabeth Olsen, Juliette Binoche, Sally Hawkins, David Strathairn e Bryan Cranston.
Sinopse En 1954, o test das bombas de hidróxeno dos Estados Unidos foron usadas en realidade para destruír unha criatura xigante da superficie do océano. En 1999, os científicos do proxecto Monarch Ishiro Serizawa e Vivienne Graham investigan o colosal esqueleto atopado nunha mina de Filipinas. Dúas esporas con forma de ovos foron descubertas, unha delas aberta e cun claro rastro en dirección ó mar. No Xapón, a Planta Nuclear de Janjira experimenta actividade sísmica. Joe Brody, o supervisor da planta, envía a súa muller, Sandra, e un grupo de técnicos a comprobar os sensores do reactor. Cando o equipo está dentro, o reactor rompe, liberando radioactividade. Sandra e o seu equipo non son quen de escapar e a planta é destruída.
Personaxes miniatura|200px|Aaron Taylor-Johnson. miniatura|200px|Elizabeth Olsen. miniatura|200px|Bryan Cranston.
Aaron Taylor-Johnson como Ford Brody Ken Watanabe como Dr. Ishiro Serizawa Bryan Cranston como Joe Brody Elizabeth Olsen como Elle Brody Carson Bolde como Sam Brody Sally Hawkins como Dr. Vivienne Graham Juliette Binoche como Sandra Brody David Strathairn como Almirante William Stenz Richard T. Jones como Capitán Russell Hampton Victor Rasuk como Sarxento Tre Morales
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Gareth Edwards Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes ambientados en 1954 Categoría:Filmes ambientados en 1999 Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX