Zenone Albino Testa, nado en Vertova (provincia de Bérgamo, Italia) o 29 de maio de 1914 e finado o 19 de setembro de 1982, foi un bispo e capuchino italiano, que exerceu de vicario apostólico de Asmara entre 1961 e 1971.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 7 de agosto de 1937. O 9 de agosto de 1961 foi consagrado bispo e pasou a ser o novo vicario apostólico de Asmara.
Coa renuncia de Albino en 1971, o papa nomeou o tamén capuchino Luca Milesi administrador apostólico da vigairía, que finalmente foi suprimida en 1995, e a partir de entón os fieis latinos pasaron a depender dos bispos etíopes.
Premios e distincións O 15 de setembro de 1957 foi nomeado comendador da Orde da Estrela da Solidariedade Italiana polo presidente de Italia Giovanni Gronchi.
Notas
Categoría:Nados na provincia de Bérgamo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Capuchinos de Italia Categoría:Bispos católicos de Eritrea Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Orde da Estrela da Solidariedade Italiana