Carmela García-Moreno Teixeira, nada o 12 de agosto de 1945 en Madrid, é unha política e socióloga española.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, foi membro do Partido Popular, a formación política fundada en 1976 por Pío Cabanillas e José María de Areilza, e que se integrou na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi membro do Comité executivo da UCD e resultou elixida deputada no Congreso nas eleccións xerais de 1979 pola circunscrición de Madrid. Durante o goberno de Adolfo Suárez, foi nomeada Directora xeral de Xuventude e de Promoción Sociocultural, con Íñigo Cavero como ministro, cargo do que cesou en novembro de 1981 tras abandonar o grupo centrista e pasar ao grupo mixto. Durante o período de crise da UCD entre 1981 e 1982, incorporouse ao Partido de Acción Democrática (PAD) liderado por Francisco Fernández Ordóñez. Cando esta formación política se integrou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), apoiou a integración aínda que remarcou que se consideraba socialdemócrata e non socialista. Renovou escano nas filas do PSOE nas eleccións xerais de 1982 pola circunscrición de Murcia, e na seguinte lexislatura foi elixida senadora. Foi vicedecana do Colexio Nacional de Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Políticos de UCD Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Senadores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Nados en Madrid