Albert Claude, nado o 24 de agosto de 1899 e finado o 22 de maio de 1983, foi un biólogo belga que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1974.

Estudou medicina na Universidade de Liexa (Bélxica). Durante o inverno de 1928-29 traballou en Berlín, primeiro no Institute für Krebsforschung, e logo no Kaiser Wilhelm Institute de Dahlem. No verán de 1929 uniuse ao Instituto Rockefeller. Mentres traballaba na Universidade Rockefeller nos anos 1930 e 1940, usou o microscopio electrónico para facer imaxes das células co cal profundou o coñecemento científico da estrutura celular e as súas funcións. Tamén desenvolveu un método por centrifugación diferencial, que separa os compoñentes celulares segundo a súa densidade.

O seu gran recoñecemento foi recibir o Premio Nobel en 1974, por ensanchar o coñecemento das células. Compartiu o Premio Nobel cos seus estudantes George Palade e Christian de Duve.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía do Premio Nobel Albert Claude

Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados na provincia de Luxemburgo Categoría:Premios Nobel de Bélxica Categoría:Biólogos de Bélxica Categoría:Profesores Categoría:Premio Nobel de Medicina