HIStory: Past, Present and Future, Book I (tamén coñecido como HIStory) é o noveno álbum de estudio do artista estadounidense Michael Jackson. Foi lanzado o 16 de xuño de 1995 por Epic Records. Este é o primeiro álbum de Jackson co seu propio selo, MJJ Productions, e consta de dous discos: o primeiro (HIStory Begins) é unha recuperación dalgúns dos seus maiores éxitos dende 1979, mentres que o segundo (HIStory Continues) contén material completamente novo. A meirande parte das cancións do segundo discos foron escritas e producidas por Jackson, nalgúns casos con colaboradores.
HIStory foi o retorno de Jackson ó panorama musical logo da acusación de abusos sexuais a menores de agosto de 1993. Moitas das 15 cancións novas fan referencia á acusación e ó tratamento que a prensa fixo del. Os temas das cancións tamén tratan o medio ambiente, o illamento, a cobiza e a inxustiza.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Michael Jackson Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Epic Records