Pelayo Novo García, coñecido habitualmente como Pelayo, nado en Oviedo o 1 de novembro de 1990 e finado en Asturias o 28 de febreiro de 2023, foi un futbolista español.

Traxectoria Nado en Oviedo, Pelayo comezou xogar nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o Real Oviedo. Alí subiu rapidamente ao primeiro equipo, onde xogou desde 2008 até o 2012. No seu último ano no club ovetense, marcou 7 goles en 34 partidos, nun total de 2.749 en minutos de xogo, para axudar aos asturianos a rematar na sexta posición. O 6 de xullo de 2012, asinou un contrato de tres anos co Elche CF na Segunda División. O 19 de agosto fixo o seu debut oficial ao entrar en substitución de Carles Gil nos últimos minutos, partido que gañou o seu equipo na casa por 4-2 contra a Ponferradina.La pegada del Elche castiga a la Ponferradina O 6 de outubro do mesmo ano anotou o seu primeiro gol en liga, axudando ao seu equipo a gañar por 2-1 contra o Mirandés.El líder asalta Anduva y sigue demostrando que no va de farol

Tras acadar o ascenso co club ilicitano, asinou un novo contrato por dous anos, sendo logo transferido en calidade de cedido ao Córdoba en xullo de 2013.Pelayo Novo renueva por dos años y se va cedido al Córdoba En Córdoba deu no decisivo partido polo ascenso o pase de gol que lle valía ao club andaluz xogar na seguinte tempada na Primeira División, nun estraño partido contra a Unión Deportiva Las Palmas. Así, Pelayo conseguiu dous ascensos nos seus dous primeiros anos na categoría de prata. O 29 de xullo de 2014 anunciouse a súa cesión de novo a un club da Segunda división, esta vez ao Lugo.

Deixou o fútbol en 2018, despois dunha caída dende o terceiro piso dun hotel que o deixou nunha cadeira de rodas. Faleceu o 28 de febreiro de 2023, con 32 anos, ao tirarse ás vías do tren na estación asturiana de La Corredoria.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2009-2010Real OviedoSegunda B2442010-2011Real OviedoSegunda B1922011-2012Real OviedoSegunda B3472012-2013Elche CFSegunda2612013-2014Córdoba CFSegunda2212014-2015CD LugoSegunda

Títulos Segunda División (2012-13) Ascenso á Primeira División (2012-13, 2013-14)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en BDFútbol

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Finados en 2023 Categoría:Suicidios en 2023 Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Suicidas de España