Bixara Pedro al-RaiTamén escrito adaptado ao francés: Béchara Pierre Raï, Béchara Boutros Raï e Bechara Boutros al-Rahi. (en , Mār Bishārah Buṭrus al-Rāʿī), nado en Himlaia (Líbano) o 25 de febreiro de 1940, é o 77º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 15 de marzo de 2011, e polo tanto cabeza da Igrexa católica maronita. É tamén cardeal da Igrexa católica dende 2012.

Traxectoria Bixara al-Rai naceu en Himlaia, unha vila da gobernación do Monte Líbano, o 24 de febreiro de 1940. Estudou a secundaria no mosteiro de Notre-Dame de Duq Musbih, e posteriormente Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Lateranense. Logo de ser ordenado sacerdote en setembro de 1967, o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo titular de Cesarea de Filipo e auxiliar do Patriarcado de Antioquía dos Maronitas o 2 de maio de 1986.

Recibiu a consagración episcopal o seguinte 12 de xullo, de mans do patriarca Nasrala Pedro Sufair, entón patriarca de Antioquía.

Xoán Paulo II nomeouno posteriormente bispo de Biblos o 9 de xuño de 1990.

Logo da renuncia por idade do patriarca Nasrala, aceptada por Bieito XVI o 26 de febreiro de 2011, O Sínodo da Igrexa Maronita elixiuno patriarca o 15 de marzo seguinte.

O 24 de marzo, dez días logo da súa elección, Bieito XVI concedeulle a necesaria "comuñón eclesial".

Ao longo de 2011 asumiu a presidencia da Conferencia Episcopal Libanesa e do Consello dos Patriarcas Católicos Orientais.

O papa Bieito XVI creouno cardeal no consistorio do 24 de novembro de 2012. En novembro de 2017 protagonizou un feito histórico, ao converterse na primeira autoridade cristiá en visita oficial a Arabia Saudita.

Galería fotográfica

Notas

Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Cardeais do Líbano Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais