O Instituto Enerxético de Galicia (coñecido co acrónimo INEGA) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1999 e que se rexe basicamente pola Lei 3/1999, do 11 de marzo ao abeiro das competencias que outorga o artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Dende a súa constitución, defínese coma ente de dereito público, con personalidade xurídica e patrimonio propios. A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

A súa razón de ser é a de regular e harmonizar a utilización dos diferentes recursos enerxéticos do País, coa fin de reducir na medida do posíbel a dependenza económica enerxética exterior.

Dende 2009 o seu presidente é Eliseo Diéguez García.

Obxectivos Segundo establece a Consellería de Economía e Industria, os obxectivos do INEGA son: O fomento e o pulo de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia. O estudo e o apoio de actuacións para o seu coñecemento. O desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías (incluídas as renovábeis). A mellora do aforro e a eficiencia. O fomento do uso racional da enerxía. A óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos eidos económicos de Galicia. A participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ó enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eliseo Diéguez García Enerxía Ligazóns externas Web do INEGA

Categoría:Administracións públicas de Galicia