300px|miniatura|dereita|Parlamento de Galicia nunha votación. Praza Pública Nos países que adoptan o sistema parlamentarista de goberno, a moción de censura é unha proposta parlamentaria presentada pola oposición, normalmente perante un episodio de crise política que tivese provocado a perda do apoio parlamentario maioritario á acción do goberno, coa fin de derrotar ou contrarrestar a este. A moción é aprobada ou rexeitada mediante votación.

Diferéncianse dous tipos de moción de censura:

A moción de censura destrutiva, que procura a caída do Presidente do Goberno ou Primeiro Ministro, sen ter forma algunha de substituílo e cubrir dese xeito o baleiro de poder. A moción de censura construtiva, na que o grupo parlamentario que eleva ao Parlamento a moción de censura propón á súa vez un novo Primeiro Ministro ou Presidente do Goberno.

No sistema parlamentario do Estado español, a moción de censura vén recollida nos artigos 113 e 114.2 da Constitución española e nos artigos 175 a 179 do Regulamento do Congreso dos Deputados.

Non debe ser confundida coa moción de confianza.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Moción de confianza Interpelación Impeachment

Ligazóns externas Deste xeito funciona unha Moción de Censura El Mundo

Categoría:Política