The Rescuers Down Under é un filme de animación de producido por Walt Disney Feature Animation e lanzado por Walt Disney Pictures o 16 de novembro de 1990. Ambientado en Australia, o filme ten as voces de Bob Newhart, Eva Gabor e John Candy. O argumento céntrase en Bernard e Bianca que viaxan a Australia para salvar un rapaz chamado Cody dun desapiadado cazador que persegue unha ave de presa.

É o número 29 dos clásicos Disney, e a secuela de The Rescuers (1977), que está baseado nas novelas de Margery Sharp. O seu filme foi o segundo do "Renacemento de Disney" (1989–1999), que comezara o ano anterior con The Little Mermaid.

Sinopse Os ratos axentes secretos atópanse no corazón da indomable selva australiana cando teñen que acudir en axuda de Cody, un rapaz que loita por salvar unha aguia dun desapiadado cazador furtivo.

Personaxes Bob Newhart como Bernard Eva Gabor como Miss Bianca John Candy como Wilbur Adam Ryen como Cody George C. Scott como Percival C. McLeach Frank Welker como Marahute Tristan Rogers como Jake Peter Firth como Red Wayne Robson como Frank Douglas Seale como Krebbs Carla Meyer como Faloo Bernard Fox como Chairmouse Russi Taylor como Rato enfermeira Nelson como Equidna

Galardóns e nomeamentos 1990: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Premio á animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Oceanía Categoría:Filmes ambientados en Australia Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América