Choke é unha película do 2008 de comedia negra dirixida por Clark Gregg, baseada na novela de 2001 do mesmo nome de Chuck Palahniuk.

Protagonizada por Sam Rockwell e Anjelica Huston, a produción tivo lugar en Nova Jersey no 2007. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance do 2008 e foi adquirida pola Fox Searchlight Pictures para a distribución.

Conta a historia dun home que traballa nun parque temático colonial, asistindo a reunións de recuperación de adición sexual, e que intencionalmente se esgana con comida en bos restaurantes para que os seus "rescatadores" lle acaben dando diñeiro por simpatía e compaixón e así pagar o hospital da nai, que padece de Alzheimer.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial e trailer

Set visit by MTV

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey