La aventura del tocador de señoras é unha novela de Eduardo Mendoza publicada en 2001. Continúa a trama iniciada en El misterio de la cripta embrujada e El laberinto de las aceitunas.

Trama Como nas novelas anteriores, a acción comeza cando o protagonista da trama, o nome do cal non se chega a coñecer, abandona a residencia para enfermos mentais na que estivo pechado varias décadas. Desta vez a saída é definitiva, pois o terreo en que está edificado o centro vaise vender para construír vivendas.

O protagonista pide axuda á súa irmá Cándida. O seu marido Viriato ofrécelle traballar nun salón de peiteado. Logo dun tempo en que a súa vida se estabiliza, unha muller obrígao a roubar uns documentos. Cando chega á empresa na que ten que roubar, descobre que o presidente da mesma foi asasinado, sendo el o sospeitoso. Intenta demostrar a súa inocencia e atopar a persoa culpable.

A acción está ambientada en Barcelona a finais da década de 1990.

Véxase tamén Ligazóns externas Archivo de Nessus : recensión da novela por Xavier Riesco Riquelme.

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Novelas ambientadas en Barcelona Categoría:Obras literarias de 2001 Categoría:Novelas policiais