Adiante foi un periódico voceiro da Mocedade Galeguista editado en Celanova en 1933. Historia e características

Subtitulado Semanario d'a Mocedade Galeguista, apareceu 5 de xaneiro de 1933. Fundado pola Mocedade Galeguista de Celanova, estaba dirixido por Celso Emilio Ferreiro. Só saíu un número. Publicado integramente en lingua galega, entre os seus colaboradores figuraron Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xosé Velo e Ángel Martínez Doval.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Adiante (Buenos Aires) Ligazóns externas Nicolás, Ramón (10/10/2010). "O Adiante das Mocedades Galeguistas"

Categoría:Prensa escrita de Celanova Categoría:Prensa do Partido Galeguista Categoría:1933 en Galicia

Categoría:Prensa escrita en lingua galega