Automóviles Fernández y Aymerich (AFA) foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1942 ata 1947.

Historia da compañía A compañía creouse en 1942 baixo a dirección de Juan Aymerich Casanovas e Luis Fernández Roca. Jaime Morera Carreró foi o deseñador. En 1944, a compañía presentou o único prototipo existente na Exposición Automovilista de Villaverde, organizada pola Dirección General de Transportes. En 1947 púxose fin á produción.

O único modelo baseado no Nacional Rubí, un microcoche tamén fabricado por Aymerich, era un coche pequeno de dúas prazas convertible, con dúas portas e con capota abatible. Posuía un motor de catro cilindros dianteiro, de 527 cc, cunha potencia de 13 cv, e acadaba unha velocidade máxima de 85 km/h.

Produción O plan era unha produción anual de 100 coches. A produción real foi menor, unha ou dúas unidades. A morte de Juan Aymerich en 1946 e a falta de axudas oficiais propiciaron o abandono deste prometedor proxecto.

Pódese ver un exemplar no Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña (mNACTEC), en Terrasa (Barcelona).

Véxase tamén

Bibliografía Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8. George Nick Georgano (Chefredakteur): The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. Volume 1: A–F. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1. Ligazóns externas Autopasion18.com (con fotos)

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de Cataluña