Para mariñeiros, nós é unha serie de curtas de humor de Correlo Filmes, nacida en Internet e emitida por V Televisión dende 2010.Primeiro episodio Foi dirixida por Omar RabuñalOmar Rabuñal no Soportal do audiovisual galego. O elenco está composto por Suso Lista, Manuel Castro,"«Se non houbese disputas quedariamos sen humor»" La Voz de Galicia, 8/7/2010. Vicente de Souza e Tamara Torrado."Chica nueva entre «mariñeiros»" La Voz de Galicia, 23/10/2010.

Argumento A serie reflicte as reflexións retranqueiras e cheas de humor negro de dous mariñeiros da Costa da Morte, Pinto (Suso Lista) e Cobiñas (Manuel Castro Duarte), na Taberna de Raimundo (atendida por Vicente de Souza e Tamara Torrado Roel) na localidade ficticia de Cormariñas.

Os interiores grávanse no bar Biscoiteiro de Corme, Ponteceso."A nova vida do Biscoiteiro" La Voz de Galicia, 2/7/2010.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2010Mellor serie de televisiónCorrelo FilmesNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas no Facebook. O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2010 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega