A Porta do ValadoPorta do Valado en Turgalicia. é unha das tres portas que quedan en pé, dun total de cinco que formaban parte do antigo recinto amurallado da vila de Viveiro (provincia de Lugo). Esta edificación está considerada dende o ano 1949 coma Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.
Daba á antiga calzada romana. Non ten ningunha inscrición relativa á época de construción, polo que se considera do século XIII, aínda que de orixe romana. A ambos os dous lados da porta, na rúa Nicolás Cora, chamada antes do Valado, consérvanse restos da primitiva muralla.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Porta de Carlos V Porta da Vila
Categoría:Murallas de Galicia Categoría:Viveiro Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo