A diocese de Helsinqui (en latín: dioecesis Helsinkiensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. Territorio A diocese abrangue a totalidade do territorio de Finlandia, incluíndo ás illas de Åland. O territorio está dividido en 7 parroquias.
A sé episcopal é a cidade de Helsinqui, onde está a catedral de san Henrique de Helsinqui.
Historia Antes da reforma protestante, en Finlandia existía a diocese de Åbo, erixida no século XII e suprimida en 1522. Era sufragánea da arquidiocese de Uppsala.
O 8 de xuño de 1920 foi erixida a vigairía apostólica de Finlandia, coa bula Inter alias do papa Bieito XV, en territorios da arquidiocese de Mahilioŭ.
O 25 de febreiro de 1955, coa bula Evangelii paginae de Pío XII, a vigairía apostólica foi elevada a diocese, inmediatamente suxeita á Santa Sé.
Episcopoloxio Johannes Michiel Buckx (20 de marzo de 1921 - 26 de xullo de 1933, renuncia) Willem Cobben (19 de decembro de 1933 - 29 de xuño de 1967, renuncia) Paul Verschuren (29 de xuño de 1967 - 18 de setembro de 1998, renuncia) Józef Wróbel (30 de novembro de 2000 - 28 de xuño de 2008, nomeado bispo auxiliar de Lublin) Teemu Sippo (16 de xuño de 2009 - 20 de maio de 2019, renuncia)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Finlandia Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina Categoría:Helsinqui