La Voz de Allariz foi un semanario editado en Allariz en 1919.

Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses populares, apareceu o 19 de xaneiro de 1919. Fundado e dirixido por S. Lamas. Periódico anticaciquil que tiña como obxectivo denunciar a corrupción na Administración pública. Entre os seus colaboradores figuraron Osío Lamas Cid, Matías Martínez Vázquez, Eladio Losada, e Pardo. Constaba de catro páxinas e tirábase na imprenta de Manuel Puga.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Allariz Categoría:1919 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil