O fospropofolNome Internacional Non propietario ou INN, (nome comercial Lusedra) é un axente sedativo-hipnótico de uso intravenoso, derivado do propofol, a miúdo usado como sal disódico. Está aprobado actualmente para a sedación de pacientes adultos durante procedementos diagnósticos ou terapéuticos, como endoscopias.

Aplicacións clínicas Desenvolvéronse varios derivados hidrosolubles e prodrogas do anestésico intravenoso amplamente usado propofol, dos cales o fosfopropofol foi o que ata agora demostrou ser o máis axeitado para o seu uso clínico. As vantaxes que se afirmou que tiña este composto químico hidrosoluble son que produce menos dor no sitio onde se aplican inxeccións intravenosas, ten menos potencial para a hiperlipidemia na súa administración a longo prazo, e menos posibilidaes de bacteremia. A miúdo, o fospropofol adminístrase conxuntamente cun opioide como o fentanil.

Farmacoloxía clínica

Mecanismo de acción O fospropofol é unha prodroga do propofol, é dicir, unha vez no corpo é metabolizado por unha fosfatase alcalina orixinando o seu metabolito activo, o propofol. Teoricamente, pode orixinarse un milimol (mmol) de propofol por cada mmol de fospropofol sódico administrado. 1,86 mg de fospropofol sódico son o equivalente molar de 1 mg de propofol.

Farmacocinética Os investigadores que obtiveron os resultados dos ensaios iniciais sobre a farmacocinética do fospropofol retractáronse despois de ditos resultados (ver artigos na sección Véxase tamén). En 2011, non se dispoñía aínda de novos resultados.

Substancia controlada Nalgúns países o fosfopropofol é unha substancia controlada. como nos Estados Unidos, onde a Lei de substancias controladas a inclúe na lista IV."Schedule of Controlled Substances; Placement of Fospropofol into Schedule IV," 74 Federal Register 192 (October 6, 2009), pp. 51234–51236.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Artigos iniciais que foron retractados Publicación retractada ver PMID 22345970. Publicación retractada, ver PMID 22345970. Publicación retractada, ver PMID 22345970.

Outros artigos Pruitt R, Cohen LB, Gibiansky E, et al. A randomized, open-label, multicenter, dose-ranging study of sedation with Aquavan injection (GPI 15714) during colonoscopy. Gastrointest Endosc 2005; 61: AB111. Lampotang S, Lizdas D, Gravenstein N, Yavas S (2006). University of Florida Department of Anesthesiology Virtual Anesthesia Machine Web site:

Categoría:Anestésicos Categoría:Éteres fenólicos