Andrii Sapeliak (en ), coñecido tamén como Andrés Sapeliak durante a súa etapa na Arxentina, nado o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola (Polonia) e finado o 6 de novembro de 2017, foi un bispo católico ucraíno que exerceu de bispo da eparquía de Buenos Aires entre 1978 e 1997. Traxectoria Andrii Sapeliak naceu nunha familia ucraína o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola, daquela baixo dominio da Segunda República Polaca, e pertencente á eparquía de Przemyśl.
Estudou seminario menor salesiano de Ivrea até 1941, continuou no Studentato Filosofico de Turín até 1945, e na casa de estudos salesiana de Bollengo até 1949. Finalmente licenciouse en Dereito Canónico pola Pontificia Universidade Salesiana en 1952, entón en Turín (hoxe en Roma). O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da Sociedade de San Francisco de Sales.
O 14 de agosto de 1961 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina e bispo titular de Sebastopolis in Thracia, co encargo de visitador apostólico dos grecocatólicos ucraínos da Arxentina. Recibiu a ordenación episcopal o 15 de outubro de 1961 en Roma, de mans de Ivan Buchko, sendo os co-consagradores o exarca apostólico de Francia, Volodymyr Malanchuk, e o bispo coadxutor de Belgrado Gabrijel Bukatko.
O 9 de febreiro de 1968 foi nomeado exarca arquiepiscopal da Arxentina, e coa elevación da sé en 1978 tomou o título de bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires. Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 15 de setembro de 1973 foi nomeado membro consultor da mesma.
Retirouse o 12 de decembro de 1997, e volveu a Ucraína, onde traballou como párroco en Verkhnodniprovsk. En novembro de 2013 obtivo a cidadanía ucraína. Finou o 6 de novembro de 2017.
Obra
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados no condado de Jarosław Categoría:Salesianos Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos da Arxentina Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Salesiana Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Escritores en lingua ucraína Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2017 Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental