Edmund Goulding, nado en Feltham o 20 de marzo de 1891 e finado nos Ánxeles (California) o 24 de decembro de 1959 foi un actor, guionista, letrista e novelista británico. Desde 1921 traballou nos Estados Unidos de América e acadou un gran recoñecemento como director de cinema.
Traxectoria Goulding tivo varios traballos en medios teatrais de Londres como actor e letrista ata que comezou a primeira guerra mundial. Entón enrolouse no exército e foi ferido.
Trasladouse aos Estados Unidos en 1921, onde desenvolveu principalmente a súa carreira cinematográfica. Os seus filmes máis famosos son dramas como Grand Hotel (1932, con Greta Garbo e Joan Crawford), Dark Victory (1939, con Bette Davis e Humphrey Bogart) e The Razor's Edge (1946, baseada na novela homónima de Somerset Maugham, con Gene Tierney e Tyrone Power).Howard Johns: Palm Springs Confidential: Playground of the Stars, Barricade Books, Fort Lee, NJ (2004). ISBN 978-1-56980-297-7 ISBN 1569802971. Tamén dirixiu outros importantes filmes como o clásico do cinema negro Nightmare Alley (1947), con Tyrone Power e Joan Blondell).
Morreu durante unha operación cirúrxica no Lebanon Medical Center dos Ánxeles.
Filmografía Mardi Gras (1958) Teenage Rebel (1956) Down Among the Sheltering Palms (1953) We're Not Married! (1952) Mister 880 (1950) Everybody Does It (1949) Nightmare Alley (1947) The Shocking Miss Pilgrim (1947) (sen acreditar) The Razor's Edge (1946) Of Human Bondage (1946) Claudia (1943) The Constant Nymph (1943) Forever and a Day (1943) The Great Lie (1941) Til We Meet Again (1940) We Are Not Alone (1939) The Old Maid (1939) Dark Victory (1939) The Dawn Patrol (1938) White Banners (1938) That Certain Woman (1937) Unha noite na ópera (1935) (sen acreditar) The Flame Within (1935) Hollywood Party (1934) (sen acreditar) Riptide (1934) Blondie of the Follies (1932) Grand Hotel (1932) Night Angel (1931) Reaching for the Moon (1930) Hell's Angels (1930) (codirixida con Howard Hughes) The Devil's Holiday (1930) Paramount on Parade (1930) The Trespasser (1929) Queen Kelly (1929) (sen acreditar) A Certain Young Man (1928) (sen acreditar) Love (1927) Women Love Diamonds (1927) Paris (1926) Sally, Irene and Mary (1925) Sun-Up (1925)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Novelistas do Reino Unido