Lois Tobío Campos, nado en Lamiño (Brión) en 1861 e finado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1943, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria miniatura|175px|Carta de Rosalía Castro de Murguía a Luis Tobío, 1883. Era fillo de Ramón Tobío Martínez, labrego acomodado, e de Xoana Campos. Ramón Tobío era fillo de María Xosefa Martínez Vioxo, irmá do pai de Rosalía de Castro, coa que Lois Tobío pasou parte da súa infancia en Ortoño. Comezou a estudar co seu tío, Lois Tobío Martínez, mestre en Brión. Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, titulándose en 1881. Estivo como interino en Ribeira e no Colexio de San Agustín de Vilagarcía de Arousa, incorporado ao Instituto de Segundo Ensino de Pontevedra.
En Vilagarcía comezou a publicar artigos e poesía na prensa local, ao tempo que sacaba o título de Bacharelato por libre, que acadou en 1885. Comezou os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, sen chegar a rematar a carreira. En 1892 acadou a praza de Mestre na Escola de San Francisco de Viveiro, e ao ano seguinte marchou a Madrid para seguir os cursos da Escola Superior do Maxisterio e poder optar a un posto como docente nas Escolas Normais. A través de profesores como Bartolomé Cossio coñeceu a Institución Libre de Enseñanza, onde coincidiu con Francisco Giner de los Ríos.
De regreso a Viveiro participou na vida cultural da vila, con publicacións e conferencias co gallo do Centenario da publicación de Don Quijote ou polo aniversario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz. Amais de ocupar o seu posto na escola pública, deu clase nun centro privado. En 1915 pasou a dar clase na Escola Graduada anexa á Escola Normal de Santiago.
Foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega, e publicou diversos artigos no seu Boletín. Era tamén membro da Sociedade Astronómica de Barcelona. En 1898 recibiu a Cruz de Isabel a Católica.
Obra Ecos y esbozos (1912). Poesía bilingüe. Rosiñas da Terra (1917). Poesía. Rimas galicianas (1935). Poesía bilingüe.
Colección de cantigas da Mahía (1985).
Vida persoal Casou en 1905 con Mélida Fernández González, da familia fidalga dos Pardo-Vaamonde. Foi pai de Lois Tobío Fernández e María Tobío.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Brión Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela