thumb|dereita|230px|Unha cunca con crema pasteleira e canela.
A crema pasteleira ou simplemente crema é unha crema elaborada con xemas de ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada con vainilla, canela ou rela de limón, que se emprega para reencher ou decorar tortas e pasteisDefinición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
É a base de moitas cremas tradicionais como: a crema catalá a crème brûlée a crema de ovo a custard'' británica
Emprégase a miúdo como recheo de pasteis.
Variantes A partir da crema pasteleira pódense elaborar diversas cremas derivadas. Estas son algunhas: Crema pasteleira de sabores: é unha crema pasteleira á que se lle engade, segundo o caso, cacao, esencia de café ou café solúbel, ron ou whisky ou outros licores, esencia de limón ou laranxa etc. Crema cocida lixeira: á crema pasteleira morna engádenselle claras de ovo a punto de neve. Crema Saint-Honoré ou crema Chiboust: é unha mesntura de crema pasteleira e merengue italiano. Crema diplomática: á crema pasteleira engádeselle crema chantillí. É unha variante da anterior. Crema muselina: crema pasteleira con manteiga. Crema frangipane: crema pasteleira mesturada con crema de améndoa.
Notas
Categoría:Doces Categoría:Pratos de lácteos