Gregorio III Laham (en ), nado en Daraya (Siria) o 15 de decembro de 1933, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa Católica Greco-Melquita e bispo da Damasco dende o 29 de novembro de 2000 até a súa renuncia o 6 de maio de 2017. Traxectoria Laham naceu en Daraya, preto de Damasco, Siria, o 15 de decembro de 1933. O 15 de febreiro de 1959 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana do Santísimo Salvador.

En 1975 foi nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén. O 9 de setembro de 1981 foi nomeado arcebispo titular de Tarso dos greco-melquitas. Recibiu a consagración episcopal o 27 de novembro, de mans do patriarca Máximo V Hakim.

En 1992, coa elevación da sé de Xerusalén, foi nomeado exarca patriarcal da mesma, e cando novamente foi elevada en 1998 converteuse en protosyncellus de Xerusalén.

O 29 de novembro de 2000 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco. O papa Xoán Paulo II concedeulle o 5 de decembro a comuñón eclesiástica. Retirouse o 6 de maio de 2017.

Categoría:Bispos católicos de Siria Gregorio 3 Categoría:Nados na gobernación do Rif de Damasco Categoría:Nados en 1933 Categoría:Basilianos salvadorianos Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Relixiosos católicos de Siria