O Gran Canaria Arena é un pavillón multiúsos situado nas Palmas de Gran Canaria. Foi inaugurado o 15 de marzo de 2014 e ten capacidade para 11 500 espectadores. É a casa do CB Gran Canaria dende o ano 2014. O primeiro partido da historia do Gran Canaria Arena disputouse o 1 de maio de 2014, nun encontro correspondente á 28ª xornada da Liga ACB 2013-14, e que enfrontou ó CB Gran Canaria e ó FC Barcelona. En 2014 albergou os partidos do grupo D do Campionato do Mundo da FIBA de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de presentación do proxecto
Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España