thumb|Zorza servida nun prato tradicional nunha taberna de León na cidade vella (Barrio Húmedo). A zorza, xorza ou amoado é a carne, xeralmente de porco, picada e adubada, fundamentalmente con pemento, allo e sal, coa que se fan os chourizos .
A zorza ademais adoita frixirse en aceite e servirse coma tapa no noroeste peninsularVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
É un prato típico galego, mais tamén asturiano, leonés, soriano, segoviano, abulense, palentino, valisoletano e burgalésEl Habla de Sandoval de la Reina. Jijas. Julio Alonso Asenjo. 2004-2014, onde se coñece co nome castelán de picadillo. Sérvese como tapa quente en pratos acompañado de patacas e dun cacho de pan, viño, sidra ou cervexa.
Rosalía de Castro xa falaba da zorza en 1863 nos seus Cantares gallegos: ...frixolada! Fígado con cebola ben frixida i unha folliña de laurel cheirosa, qu'inda a un morto ben morto dera vida de tan rica, tan tenra e tan sabrosa; Raxo en sorsaNota: Rosalía recolle o termo co seseo propio da zona de Santiago. cun cheiro que convida, i a sangre das morcillas sustanciosa en fregada caldeira rebotando, a que fagan morcillas convidando.Texto de Rosalía no Tesouro Informatizado da Lingua Galega.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Raxo Tapa
Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Tapas de Galicia Categoría:Gastronomía de Asturias Categoría:Pratos de carne Categoría:Gastronomía de Castela e León