A troponina I, músculo cardíaco ou troponina I tipo 3 (TNNI3) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TNNI3 do cromosoma 19. É unha das tres isoformas da troponina I; as outras dúas son TNNI1 e TNNI2. Esta isoforma exprésase no músculo cardíaco. Únese á actina dos filamentos finos musculares mantendo inhibida a contracción muscular (cando o calcio se une á troponina C esta inhibición desaparece). A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, I e T.
Interaccións A TNNI3 interacciona con PKD2L1, e coa troponina C tipo 1. Está mutada en moitos caosos de enfermidade renal policística 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas GeneReviews/NIH/NCBI/UW entrada sobre a cardiopatía hipertrófica familiar
Categoría:Proteínas