"Will You Be There" é unha canción de Michael Jackson que foi estreada en 1993. A canción é o oitavo sinxelo do álbum de 1991 Dangerous. A canción formou parte da banda sonora do filme Liberade a Willy, do cal é o tema principal.
A canción foi un dos meirandes éxitos de Dangerous, permanecendo no top 40 durante seis semanas no Reino Unido. O sinxelo tivo un éxito aínda maior nos Estados Unidos, onde se venderon 500.000 copias e se mantivo no top 10 durante seis semanas, e sendo certificado como Gold. En todo o mundo, vendeu 1.600.000 copias.
Notas
Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Michael Jackson