Victoriano Ballesteros Reboreda, nado en Chapela (Redondela) o 20 de marzo de 1894 e finado en Vigo o 8 de agosto de 1960, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria Foi concelleiro de Vigo e vogal da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Promotor dos sindicatos católicos e doutras organizacións na órbita da Igrexa católica. Dirixiu o semanario Galicia Social dende 1922, foi correspondente da axencia Logos e colaborou con Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Ya e Hoja del Lunes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 deu "charlas patrióticas" en Radio Vigo.El Pueblo Gallego, 22-9-1936, p. 2. Finou en Vigo o 8 de agosto de 1960 aos 65 anos.Hoja Oficial del Lunes, 15-8-1960, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración

Categoría:Xornalistas de Redondela

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Finados en 1960 Categoría:Nados en 1894 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes