miniatura|GoPro Hero 4 Silver Edition. GoPro, Inc. (antes chamada Woodman Labs, Inc) é unha compañía estadounidense que desenvolve, produce e vende cámaras persoais de alta definición, que son empregadas na fotografía de acción extrema. Son cámaras compactas, lixeiras, resistentes e poden axustarse en vehículos. Capturan fotos e vídeos en HD a través dun obxectivo grande angular, e poden ser configuradas para funcionar de xeito automático cunha intervención mínima, ou controladas remotamente.
A sede da empresa atópase en San Mateo, California.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas de electrónica Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América