A balsaDenominación en galego en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo, Groba Bouza, F. (2006) (Ochroma pyramidale) é a única especie do xénero monotípico Ochroma, pertencente á familia Malvaceae. É nativa de México, toda América do Sur e o Caribe. É apreciada pola súa madeira, denominada tamén de balsa. miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|Balsas construídas coa súa madeira.

Etimoloxía A palabra balsa entra no galego (ao igual que nas outras linguas achegadas: portugués, inglés, francés...) a través do castelán de América, co que se designan as embarcacións feitas desta madeira: balsas. A palabra non pode ser de orixe americana pois xa se nomea en textos casteláns medievais, polo que a árbore tomaría o nome da palabra castelá balsa: con significado de corgo ou poza, represa natural ou artificial onde se recollen as augas destinadas á regaEtimoloxía de balsa no dicionario da RAE.Dicionario etimolóxico do francés: verba:balsa.

Descrición Son árbores que poden acadar até 30 m de altura, sempreverdes, aínda que poden comportarse como caducifolios se a estación seca é moi longa. Posúen toros lisos de madeira moi lene. As follas son simples, amplamente ovadas, frecuentemente 3-sublobadas, até 38 cm de longo e 30 cm de largo, ápice de arredondado a agudo, base máis ou menos cordada, con vilosidade mesta de cor café-amarelada no envés. Grandes flores (7–11 cm de longo) abrancazadas ou de cor crema en forma de trompeta. O cáliz é infundibuliforme-campanulado, pentalobulado de 5,5–7 cm de longo, máis ou menos puberulento; a parte exposta dos pétalos mide 3,8–4,8 cm de longo, velutina; con filamentos numerosos formando unha columna estaminal pentalobulada no ápice; estilo espiralmente 5-sulcado. O froito é unha cápsula irregularmente angulada con cristas e sucos de 13–20 cm de longo, as valvas son coriáceas con sementes miúdas, numerosas e envoltas en kapok. É de cor verde cando inmaturo pasando ao negro e dehiscentes ao madurecer.

Distribución e hábitat Especie común, atópase en forestas baixas perennifolias de crecemento secundario, ocasional en bosques secos e húmidos, zonas pacífica e atlántica; a unha altitude de 30–400 metros; florea de novembro a febreiro, frutifica de febreiro a maio; dende México a Bolivia e nas Antillas.

Usos A partir da súa madeira téñense elaborado salvavidas e esquís acuáticos.Luis Acero Duarte, Luis Enrique, 2000 Esta madeira chamada tamén de balsa, é moi liviá e mol cun gran aberto de mediano a groso. A súa densidade flutúa entre os 100 a 200 kg/m³, cunha típica de 140 kg/m³ (arredor de 1/3 da densidade doutras madeiras máis duras). Isto faina un material popular para modelismo e popularizouse cando Thor Heyerdahl usouna na construción da balsa Kon-tiki na súa expedición á Polinesia que partiu dende o Callao, no Perú: ...os liviáns toros de balsa foron vitais para as comunidades ribeirás, mostra diso é o uso de plataformas flotantes, que a xeito de “lavadoiros da roupa” ou de “peiraos” están construídos na súa madeira. En vilas ribeirás coma Leticia, Iquitos, Manaos (río Amazonas), sobre grandes troncos de balsa, constrúense núcleos de viviendas flotantes, as cales inclúen até currais para animais domésticos...que nas vivendas da costa Pacífica colombiana, prepárase e tómase a decocción das follas para aliviar dores da cabeza e arrefriados.

A súa madeira acabada de cortar era materia prima para construír balsas de navegación, boias para redes e para anzois de pesca. O karok úsase para reencher traveseiros e coxíns. A casca viva é unha boa fibra de amarre para construción e para asegurar paquetes. Actualmente a súa madeira ten un amplo uso en arquitectura e aeronáutica.(Acero Duarte, Luis Enrique, 2005)

Taxonomía Ochroma pyramidale foi descrita por Leonid Averyanov e publicada en Repertorium Specierum Novarum Regni Vegetabilis, Beihefte 5: 123. 1920 Sinonimia Bombax angulata Sessé & Moc. Bombax angulatum Sessé & Moç. Bombax pyramidale Cav. ex Lam. Bombax pyramidatum Steud. Ochroma bicolor Rowlee Ochroma bolivianum Rowlee Ochroma concolor Rowlee Ochroma grandiflorum Rowlee Ochroma lagopus Sw. Ochroma limonense Rowlee Ochroma obtusa Rowlee Ochroma peruvianum I.M. Johnst. Ochroma tomentosum Humb. & Bonpl. ex Willd. Ochroma velutina Rowlee

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das malváceas Bibliografía

Ligazóns externas Descrición de especies Rede de información de recursos do xermoplasma: Ochroma pyramidale Foto de follaxe e de flores Web do museo Kon-Tiki Rafting en balsa no Ecuador Raquetas de tennis de mesa de madeira balsa

Categoría:Bombacoideae Categoría:Madeiras Categoría:Árbores forestais Categoría:Plantas descritas en 1920 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América Central Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Fibras vexetais