Xoán Pedro XVIII GaspareanTamén Kasparian. O seu nome é común tamén sen traducir (Hovhannes Bedros) ou traducido ao francés (Jean Pierre). (en , Yovhannēs Petros ŽË. Gasparean), nado o 20 de xaneiro de 1927 no Cairo (Exipto) e finado o 16 de xaneiro de 2011, foi o 18º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 5 de agosto de 1982 até o 28 de novembro de 1998. Traxectoria Naceu no Cairo o 20 de xaneiro de 1927. Estudou no seminario de Bzumar (Líbano) rematando os estudos secundarios en 1946. Posteriormente estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana e Dereito canónico na Pontificia Universidade Lateranense, e o 13 de abril de 1952 foi ordenado sacerdote do Instituto do Clero Patriarcal de Bzumar.
O 6 de decembro de 1972 foi nomeado arcebispo de Bagdad, e recibiu a ordenación episcopal o 25 de febreiro de mans do patriarca Ignacio Pedro XVI, tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Alepo Georges Layek e ao bispo de Alexandría Raphaël Bayan.
O 5 de agosto de 1982 foi elixido Patriarca de Cilicia, e o 9 de agosto o papa Xoán Paulo II concedeulle a comuñón eclesiástica. Xoán Pedro XVIII falaba varias linguas: armenio, árabe, turco, francés, italiano, castelán, latín e inglés. Durante o seu pontificado tivo que facer fronte aos novos desafíos e retos orixinados por grandes cambios como o nacionalismo árabe, a guerra civil libanesa, a emigración armenia aos países de Occidente e, especialmente, a independencia de Armenia da URSS e a chegada da liberdade relixiosa ao país.
Permaneceu no cargo até o seu retiro por problemas de saúde o 28 de novembro de 1998. En 2001 Xoán Paulo II nomeouno membro do Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso. Finou o 16 de xaneiro de 2011 no Líbano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Կենսագրութիւն Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան, na páxina oficial da Igrexa Armenia .
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados no Cairo Categoría:Finados en 2011 Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Membros do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar Categoría:Relixiosos católicos de Exipto