miniatura|Hospital de Isolamento de São Paulo (1894). O illamento é unha estratexia clave na infectoloxía que axuda a controlar a expansión de doenzas infecciosas, facilita o estudo e manexo das mesmas, e protexe a poboación. A infectoloxía ou infeccioloxíaNingún dos dous termos aparecen recollidos no DRAG, no bUSCatermos nin no dicionario galego de termos médicos, pero "infectoloxía" é habitual en publicacións do IDIS, da FPGIBGS, do CHUS e do SERGAS. é a especialidade médica que se ocupa do estudo das doenzas causadas por diversos patóxenos como prións, virus, bacterias, protozoos, fungos e animais.
Obxectivos e campos de estudo Esta disciplina inclúe a identificación de patóxenos, o mecanismo de transmisión das infeccións, o seu tratamento, así como a prevención das mesmas mediante vacinas e medidas profilácticas.
A infectoloxía ocúpase tamén do control de gromos de enfermidades, no estudo da resistencia aos antibióticos, e na elaboración de políticas de saúde pública. Os especialistas en infectoloxía traballan estreitamente con epidemiólogos para rastrexar a propagación de enfermidades e con farmacólogos para desenvolver tratamentos efectivos.
Historia O desenvolvemento de vacinas e antibióticos marcou un antes e un despois na historia da medicina. A especialidade como un campo separado e claramente definido emerxeu a principios do século XX, aínda que o estudo das enfermidades infecciosas é moito máis antigo.
O estudo pormenorizado da resposta inmunitaria pode proporcionar coñecementos críticos sobre a progresión das doenzas infecciosas e a eficacia das intervencións médicas.
A pandemia de COVID-19 representou un fito na historia da infectoloxía, non só polo seu impacto global senón tamén porque impulsou avances na investigación, no desenvolvemento de vacinas a un ritmo sen precedentes, extraordinariamente rápido, e na comprensión da transmisión e tratamento de doenzas infecciosas.
Áreas de estudo
Epidemioloxía Microbioloxía Farmacoloxía Inmunoloxía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Medicina VIH Epidemioloxía Ligazóns externas Medciclopedia: Dicionario ilustrado de terminos médicos . Organización Mundial da Saúde: Enfermidades infecciosas.
Categoría:Ciencias da saúde Categoría:Especialidades médicas Categoría:Doenzas infecciosas